Saltar ao contido

Copago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O copago (eufem. de "repago"), é en xeral, é o deducible ou a vía de financiamento dun servizo de saúde pola cal o usuario paga unha cantidade cada vez que o utiliza. Denomínase «copago» porque se complementa este pago con outra vía de financiamento - os impostos (por exemplo, para financiar o sistema público de saúde) ou unha cota periódica (por exemplo, no caso dun seguro médico privado). Os obxectivos do copago son contribuír a financiar o sistema e conter o seu uso innecesario.[1][2] O copago tamén pode servir para reducir o custo social das listas de espera.[3]

Unha desvantaxe potencial dun sistema de copago é que, se o seu importe é moi alto, córrese o risco de disuadir do uso do servizo a persoas que necesitan usalo pero teñen poucos ingresos. Para mitigar esta desvantaxe, pode haber niveis maiores de cobertura (e xa que logo un copago menor) en determinados casos. Por exemplo, nun sistema de copago sanitario, pode haber reducións en grupos máis vulnerables, como pícaros ou anciáns, ou para enfermidades cuxo tratamento sexa especialmente custoso.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]