Conversa usuario:Toliño/Axuda:Contidos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

CONVERSA SOBRE O NOVO ASPECTO DA PÁXINA "Wikipedia:Axuda".
PODEDES ACHEGAR AQUÍ AS VOSAS IDEAS PARA MELLORAR A 1ª VERSIÓN.

Pois co bo traballo feito pouco hai que engadir ou modificar. Eu quizais eliminaría un dos dous cadros de búsqueda, e á hora de separar ligazóns internas, en vez de emprega-la barra |, empregaría •, e máis nada polo de agora. Bo traballo. --Alberte (Si, dígame?) 14:27, 16 setembro 2008 (UTC)

  • Eliminei o cadro de busca inferior e organicei poñendo cabeceiras no canto de liñas horizontais. Xa veremos o do punto ou a barra de separación... --Toliño Fala aquí comigo 08:59, 18 setembro 2008 (UTC)
Substituídas as barras verticais polos puntos... máis? --Toliño Fala aquí comigo 18:49, 26 setembro 2008 (UTC)

Eí van algúns comentarios.

  • Deste xeito, e como axuda para os novatos, existen determinadas páxinas ...: as páxinas de axuda deben ir dirixidas a novatos e non novatos. A experiencia demostra que xente que xa levamos un tempo aquí seguimos necesitando axuda en moitos casos. Por outra banda, aquí se inclúen ligazóns con páxinas de "Políticas e normas" ou "Votacións", ás que máis dunha vez tivemos que recorrer para dirimir discrepancias, e non precisamente de novatos.
  • por favor, le estes contidos que te aconsellarán para que así comprendas como traballamos aquí: demasiados verbos seguidos. Proporía algo así como por favor, le estes contidos que te axudarán a comprender como traballamos aquí.
  • agardamos que che sirvan: ¿che?
  • para que pases un bo rato editando: "rato", co significado de breve espazo de tempo, é un castelanismo. Substitúeo por anaco, tempo, ou cambia a redacción.
  • En "Recursos técnicos" non me gusta o de "Fontes dos libros". ¿que tal "Fontes bibliográficas" ou "Biblioteca"?
  • En "Como comezar a colaborar" ligas a "Como contactar con outros usuarios". Á parte de que non creo que ese sexa o seu sitio, xa está máis adiante, na sección "Contactar".

Aínda todo isto, a presentación éche ben bonita e práctica. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:18, 26 setembro 2008 (UTC)

  • Déixoche que edites (e non só ti, Pedro, calquera) libremente a páxina..., iso é o que quero que fagades! Non obstante, aí van dúas observacións:
  1. Se pasamos agardamos que che sirvan á terceira persoa, en feminino, queda: agardamos que lle sirvan e non agardamos que a sirvan (che --> lle; te --> a).
  2. "Como contactar con outros usuarios" só está posto unha vez (polo menos eu non atopo a repetición), o que si está repetido (acabo de fixarme) é "Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa" (nas "Políticas" e en "Colaborar coa Galipedia").
  • Confundinme co de "chatea con outros usuarios", perdón. Pero sigo crendo que o de "contactar con outros usuarios debería estar aquí, neste mesmo paquete do chateo. Non sabía eu esa regla para as dúbidas entre che e te. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:46, 26 setembro 2008 (UTC)
    • Fixen os devanditos cambios, agardo non ter esquecido ningún. Propoñedes algo máis? --Toliño Fala aquí comigo 10:51, 27 setembro 2008 (UTC)

modificar e/ou crear[editar a fonte]

A secci&on Modificar páxinas non estaría millor en Crear e modificar páxinas ? ElviraConversa comigo 22:16, 27 setembro 2008 (UTC)

Eu fixen o comentario por mirar na wiki francesa, e pareceume que si nos titulos gordos vese "modificar unha páxina" poís vaise a un botar a buscar "crear unha páxina". (Eu cando empezei, como moitos novatos non leín todo, e tiven que irlle preguntar a outro usuario que conocia fora da wiki, como crear unha páxina. Agora isto faime reír !!!)ElviraConversa comigo 12:05, 28 setembro 2008 (UTC)
Por demaís teño que engadir que gustame moito a páxina nosa, mirando polas outras wikis, vexoa nas millores presentaciós : nin mui curta, nin de "nunca acabar", e con unha boa xestion do deseño no espazo, quedando en homoxeneidade co grafismo wiki. Traballas mui ben Toliño ! ElviraConversa comigo 12:15, 28 setembro 2008 (UTC)