Conversa ficheiro:Puente de carlos y castillo de praga.JPG

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sempre me lío coas imaxes! Lendo a páxina de usuario de Atobar copieille a idea de ir subindo fotos miñas (que merezan a pena). Esta foto subiuna dúas veces. A primeira vez esquecinme de ceder os dereitos, pensara que sairía máis adiante a petición despois de cargala. Como non ocorreu iso, voltei atrás e xa vin o apartado onde se solicitaba o tipo de licenza. Cargeina de novo, esta vez co tipo de licenza. Penso que con eliminar a primeira versión do arquivo xa está solucionado o problema. Se non é así, se pode eliminar todo e volvo a carga, esta vez facendo ben as cousas desde o principio. Saúdos e desculpas --Xosé Antonio (fálame sempre) 14:02, 24 de xaneiro de 2012 (UTC)

Non te preocupes, é doado. Para amañalo non tes que cargar unha nova versión do ficheiro. Tes que editalo cumplimentando a caixa que xa te puxen.

{{Information
|Description= Descrición da imaxe (que é?, onde foi feita?...) que facilite o seu emprego na Galipedia.
|Source= Ligazón ou cita á fonte de onde se pillou a imaxe, se a imaxe é de autoría propia debe expresarse.
|Author= Nome do autor da imaxe.
|Date= Data en que se fixo a imaxe.
|Permission= Características da licenza (dominio público, GFDL, compartir igual,...).
|other_versions= Ligazóns a outras versións da mesma imaxe (se houbera).
}}

En Permission indíquese a {{licenza}} entre dobres chaves.

. HombreDHojalata.conversa 14:45, 24 de xaneiro de 2012 (UTC)

Creo que xa o amañei. Supoño que habería que eliminar unha das dúas versións que cargei pois, en realidade, é a mesma pero non sei como facelo.
Obsevei tamén que está na categoría PD-propia. Hai algunha árbore de categorías como hai en Commons? Algo así como Categoría:Chequia ou Categoría:Praga. Outra preguntra, poden usar a foto as demais wikipedias, ou hai que cargala en tamén en Commons para que sexa posíbel iso? Grazas por adiantado --Xosé Antonio (fálame sempre) 19:59, 24 de xaneiro de 2012 (UTC)
Moi ben feito. Mesmo lle podes meter ligazóns internas na descrición, se queres.
Polo das versións non te preocupes, poden irse subindo moitas (imaxina una imaxe dun gráfico complexo no que se van detectando erros e se van corrixindo). Cando a imaxe se emprega nun artigo sempre aparece a última versión. As versión anteriores non se eliminan a non ser que sexa obrigatorio, por exemplo que por riba dunha imaxe do apóstolo alguén meta unha dunha portada dun disco de Lady Gaga (polo copyright). Neses casos un administrador pode ocultar unha versión concreta igual que pode ocultar unha edición concreta dun artigo (por incluír insultos, por exemplo).
As imaxes poden categorizarse na Galipedia igual que se categorizan os artigos, porén as imaxes van en categorías que comezan por Categoría:Imaxes....
Deixo unha árbore a continuación:
Non se atopou a categoría "Imaxes por tema"
Observarás que, por cuestións obvias, a árbore de categorías de imaxes da Galipedia e moitísimo máis pequeniña que a de Wikimedia Commons.
E por último. Non. As imaxes subidas á Galipedia non poden empregarse directamente en ningún dos outros proxectos Wikimedia, nin sequera nos outros proxectos en galego (Galicitas etc). Terías que volver a subilas a cada un deses proxectos (se o permiten) ou a Wikimedia Commons. Dende aí si. Dende Wikimedia Commons os ficheiros poden empregarse directamente en tódolos outros proxectos. Se te aburres moito podes ler o debate que houbo recentemente na Galipedia falando dese tema, podes velo en Wikipedia:Votacións/Tódolos ficheiros a Wikimedia Commons.--. HombreDHojalata.conversa 20:44, 24 de xaneiro de 2012 (UTC)