Conversa ficheiro:MarinFlag.PNG

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A bandeira é efectivamente a bandeira oficial de Marín, segundo a páxina web da Deputación [1]. Pero o problema é que semella un simple copyvio da usuaria que subiu a umaxe: [[esusuario:Susana Freixeiro, en abril de 2009, describíndoa como "Traballo propio". Pedro --Lameiro (conversa) 14:24, 16 agosto 2009 (UTC); ampliado e corrixido por Pedro --Lameiro (conversa) 11:28, 17 agosto 2009 (UTC)

Lameiro, coma ti ben dis, a bandeira existe, pero é dubidable que sexa traballo de Susana Freixeiro, xa que é a mesma que se amosa na web da Deputación, a cal ten copyright. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 10:35, 17 agosto 2009 (UTC)

Imaxe alternativa[editar a fonte]

Como esta imaxe actualmente está en disputa e creo que o artigo Marín e un artigo importante que non se pode quedar sen bandeira, fixen unha bandeira alternativa, tal e como describe a Deputación. É esta:

[Ficheiro:BandeiraMarin.PNG]
--Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 17:27, 17 agosto 2009 (UTC)
En primeiro lugar, agradecer o esforzo de Pontevedra78, pero creo que o seu escudo é inaceptable, as cores non se axustan ó orixinal. ¿Que ocorrería se subísemos unha bandeira galega cun azul fosforito e nos empeñásemos algúns usuarios en empregala como bandeira de Galicia?. Se a bandeira está lexislada é porque non se pode facer variacións e dicir que é a bandeira de tal sitio.
En segundo lugar, con respecto ó que di Lameiro, se a bandeira é a oficial, é dicir, non é unha versión (que se fai pasar por oficial) da Deputación, eu entendo que a bandeira é PD. Como non pode ter variacións dita bandeira por lei -sempre que sexa oficial (no DOG cando se aproba un escudo hai frecuentemente unha imaxe do mesmo)-, a Deputación de Pontevedra non lle pode poñer copyright. O problema é saber se é unha versión ou é oficial. Se fose unha versión, habería que borralo por copyvio. Se fose o oficial, habería que poñer como autor o DOG correspondente. De tódolos xeitos, a miña é só unha opinión-- Lmbuga / Conversa comigo  00:31, 18 agosto 2009 (UTC)
Acabo de ver o DOG en que se aprobou este escudo e non hai debuxo (http://www.xunta.es/dog/Dog1996.nsf/3a2c03b7de84ccfb41256644003720d3/11d95bd21ed3ba69c125670400600142/$FILE/23500.pdf , páx 10.851). Curiosamente, na páxina 10.852 apróbase o de Pontedeume e si hai debuxo. Probablemente se deba a que o decreto sobre o escudo de Marín sexa unha modificación dun decreto anterior e o de Pontedeume non. Habería que localizar o DOG en que o Escudo ou bandeira foron aprobados, non o DOG en que foron modificados.-- Lmbuga / Conversa comigo  00:45, 18 agosto 2009 (UTC)
File:Escudo Pontedeume.jpg si se axusta exactamente (non sei as cores, pois non as entendo) ó que di o DOG. O que non comprendo, pois non me parece posible, é que a licenza desa imaxe sexa GFDL, tería que ser PD-- Lmbuga / Conversa comigo  00:49, 18 agosto 2009 (UTC)
Eu guieime polas cores do escudo que esta no artigo Marín (que son diferentes os da Deputación). Entón, fixen a bandeira a imaxe e semellanza das cores do escudo. Aínda que se credes que é recomendable poñelo nos mesmo cores da Deputación, fareino sen singún problema xa que manteño a imaxe orixinal. --Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 09:26, 18 agosto 2009 (UTC)
Carguei unha nova bandeira, que é a que se ve enriba, con outro escudo e outra cor na bandeira, aínda que teño que mellorar o escudo. --Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 10:00, 18 agosto 2009 (UTC)