Conversa ficheiro:La Coruña Galicia - España.jpg

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Todo semella que esta fotografía non se corresponde coa descrición e que habería que recategorizala como do Acuario Finisterrae.

Segundo o título (ficheiro:La Coruña Galicia - España.jpg) e a descrición que lle deu io autor, Paulo Brandao, en Flickr: "(http://www.flickr.com/photos/99181891@N00/2592581334): sunset, Atlantic Ocean @ inside Aquarium Finisterrae - aCoruña, Galicia ( Spain 2008 )" (e outros datos noutros puntos da páxina) non se corresponde coa descrición que posteriormente lle deu Lansbricae cando a subiu de Flickr á Galipedia: "Praia da Lanzada. O Grove, Pontevedra, Galiza, España".

Evidentemente, con esas rochas, ese cantil ó fondo e o sol, non podo asegurar o lugar da foto, pero o lóxico é crer máis a quen a fixo que a quen a trouxo aquí despois.

Temos outra foto da Lanzada do mesmo autor: Ficheiro:Lanzada Galicia - España.jpg e tamén subida a Galipedia por Lansbricae. Está descrita como "sunset, Atlantic Ocean @ Lanzada beach - Pontevedra, Galicia ( Spain 2008 )". Pode ser algún rincón especial da praia da Lanzada ou, máis probablemente, da costa do Grove-Sanxenxo, máis que da Lanzada en si, pero con eses cons... non son quen de localizala. Pedro --Lameiro (conversa) 14:39, 17 agosto 2009 (UTC)