Conversa ficheiro:Escudo de Bueu.svg

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Escudo non oficial, non foi aprobado. Na páxina Heráldica Municipal de Pontevedra da Deputación de Pontevedra relativa a este escudo faise constar: Non se coñece expediente de aprobación.

Fixen unha busca no DOG coas palabras escudo heráldico Bueu. Fixen esta busca porque, sempre que se aproba un escudo no DOG, aparecen esas palabras. O resultado foi negativo.

Tanto o Decreto 369/98, artigo 1, apartado 2, como a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, Artigo 259, expresan: Ningunha entidade local de Galicia poderá utilizar escudo heráldico ou bandeira que non fose aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, sen prexuízo daqueles que foron aprobados pola Administración do Estado con anterioridade á transferencia de competencias nesta materia en favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por eses motivos non me parece adecuado o emprego desa imaxe como escudo na páxina do concello da Galipedia sen indicar que non é o escudo oficial na lenda da imaxe

Eu marcaría esta imaxe e as imaxes que como esta sexan estudadas con {{SímboloNonOficial}} e {{PendenteImaxe|Falta DOG de aprobación do símbolo}}-- Lmbuga / Conversa comigo  21:48, 18 agosto 2009 (UTC)