Conversa ficheiro:Cruceiro da Ponte do Porco.JPG

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eu nunca consideraría esta ¿escultura? como un cruceiro, que é algo con connotacións relixiosas. Vamos, que o feito de ter unha cruz non o converte nun cruceiro. Tampouco sei que nome dar a isto que semella máis un elemento heráldico. Non lembro precedentes de cousas semellantes, que seguro que as haberá. Na categoría: Imaxes de cruces en Galicia, temos xa este mesmo obxecto, co nome de "acroteira": paréceme mellor categorizado aínda que tampouco teño claro qué é iso de acroteira. Pedro --Lameiro (conversa) 08:59, 8 de xullo de 2012 (UTC)

A verdade é que moita pinta de cruceiro non ten, pero se amplías a foto e miras no pé verás que pon Cruceiro da Ponte do Porco. É por iso que lle puxen o nome literal que figura alí. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 10:37, 8 de xullo de 2012 (UTC)

Se cadra é útil esta definición ou esta imaxe. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:00, 8 de xullo de 2012 (UTC)

A definición témola tamén na Galipedia: Acroterio. No diccionario da RAG dí que o acroterio é un Muro pequeno sobre a cornixa dun edificio, que oculta o tellado. E pon como exemplo a frase: O acroterio do edificio estaba decorado con figuras amorfas. A imaxe á que fai referencia Pedro é a que acompaño. O título do ficheiro coincide co que dí na placa que aparece na foto na parte inferior dereita. É de supor que dita escultura estivese nun tellado da igrexa a modo de remate, de acordo coas definicións. Está claro que a imaxe da foto que carguei non concorda coa definición, o que salta á vista é que é unha copia do acroterio mencionado. Aínda que moi heterodoxo, eu catalogaríao como un cruceiro en base á lenda escrita nela. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 22:20, 8 de xullo de 2012 (UTC)