Conversa ficheiro:Cangas escudos.PNG

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O escudo da esquerda é o escudo oficial de Cangas, segundo a web da Deputación de Pontevedra [1]. Ó posuír a Deputación os dereitos de autor, esa parte da imaxe viola o copyright. A propia web engade que non hai expediente de aprobación do escudo. A web do concello de Cangas tamén presenta este mesmo escudo. Como tamén ten dereitos, tampouco é utilizable.

O escudo da dereita semella ser unha versión coloreada do que a web do concello presenta como símbolo corporativo. Tampouco se podería utilizar e a adición de cores, ademais de necesitar ser referenciada, é unha obra derivada.

A imaxe, subida pola es:usuaria:Susana Freixeiro o 23.10.2007, non é traballo propio, como asegura, senón copyvio dunha e posible doutra. Pedro --Lameiro (conversa) 12:09, 17 agosto 2009 (UTC)

  • A imaxe contén copyright por ambos escudos, xa que o primeiro é herálico pero tén copyright da Deputación de Pontevedra; e o segundo no é heráldico e ten copyright do Concello de Cangas do Morrazo. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 10:46, 17 agosto 2009 (UTC)
Pontevedra78, esta imaxe procede de Commons, onde foi subida e onde a usuaria Susana Freixeiro, dí que é traballo propio, collendo asi a responsabilida sobre dereitos. Se pensas que non é traballo propio e que son copias, estaría máis proveitoso para todos que plantexes o problema en commons, e que tamén no fales con ela commons:User talk:Susana Freixeiro, segun comprendo entende castelán e galego.ElviraConversa comigo 13:06, 17 agosto 2009 (UTC)
Da páxina de conversa de Susana Freixeiro á que nos remite Elvire, e a xulgar pola enorma cantidade de imaxes que lle foron borradas, dedúcese que o seu comportamento non adoita respectar en absoluto os dereitos das imaxes nin dos usuarios que as crearon. Outro dato a ter en conta á hora de tomar unha decisión sobre borrar ou non as imaxes de símbolos de Galicia que agora nos interesan. Pedro --Lameiro (conversa) 14:08, 17 agosto 2009 (UTC)
Como ben puiden observar, no momento de escribir na páxina de conversa de Susana Freixeiro, vin o mesmo que ti, Lameiro, e díxenlle que por favor comunique algunha razón nalgunha das bandeiras ou escudos destes concellos na Galipedia, esperemos que o faga con urxencia, xa que tanto a Deputación de Pontevedra como outras administracións/institucións poderían reclamar os dereitos de autor e ocasionarlle danos a Galipedia. Precisamos ter unha rápida decisión, incluso podería ser unha boa decisión levar os asuntos deste user a Taberna e proceder a unha votación. --Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 14:14, 17 agosto 2009 (UTC)
Se ben podemos elimina-la imaxe da galipedia, a imaxe sigue presente en Commons e co mesmo nome, polo que na práctica seguiría a cousa igual, coa imaxe presente. A eliminación debe levarse a cabo en Commons, que é onde foron subidas as imaxes. Aquí podemos saca-las imaxes dos artigos nos que estean, para non darmos información incorrecta. --Alberte Si, dígame? 14:32, 17 agosto 2009 (UTC)
  • Transcribo (espero que co seu permiso) a explicación de Lmbuga ó respecto:
Se che digo a verdade estou farto deste tema. En Commons non hai nada que facer, non van borrar as imaxes. Eu case cheguei a ameazar con denunciar. A única alternativa é facer unha denuncia seria (que a faga a Deputación de Pontevedra ou quen lle competa). Podemos pensar en dar parte (o cal semella unha barbaridade) pois a min non se me ocorre outra cousa.
O único que se me ocorreu, para saber cales imaxes de símbolos usar e cales non, foi crear esa categoría, xa que as imaxes non se poden borrar pois teñen orixe en Commons, con esa categoría poderíase opinar e se as imaxes son inválidas, posto que non podemos borralas, trasladalas a unha categoría "imaxes inválidas de símbolos deturpados" (ou algo así). Se se borran as imaxes, ocorrerá que as volverei categorizar, pero non terán a información que ti lle engadiches. Creo que é absurdo borralas.
Ocórreseme outra solución tamén moi drástica: Para que non se empreguen esas imaxes, subir á Galipedia unha imaxe co mesmo nome e que teña como texto: "este símbolo presente en Commons atenta contra a lexislación galega".
Xa temos falado en Commons deste tema. Eu estou farto del, non sei o que facer-- Lmbuga / Conversa comigo 21:33, 16 agosto 2009 (UTC)

Pedro --Lameiro (conversa) 14:51, 17 agosto 2009 (UTC)

Pois xa está, podemos facer o que dí Lmbuga, subir a Galipedia unha imaxe co mesmo no que poña que esa imaxe atenta contra a lexislación galega e os dereitos de autor. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 14:57, 17 agosto 2009 (UTC)
A ver :
  1. entendo moi ben que Lmbuga esté farto.
  2. a imaxe está albergada en commons e é alí que se borrara ou quedará, e tamén é alí que debe levarse o debate con Susana Freixeiro porque é ali que pode atoparse unha solución concreta.
  3. como di Alberte aquí só podemos non utilizala. Supoño que Lameiro va seguir actuando.
  4. por outra banda quero decir que o de ter a súa páxina de conversa en commons chea de problemas cos dereitos de autor non significa automaticamente co usuario é vandalico e/ou de mala fé, sen falar do meu caso, podense atopar un montón de usuarios mui competentes e con moitas cargas que teñen ese tipo de problemas marcados na páxina de conversa. Esto das imaxes é unha magoa. Bueno esa usuaria ten case tantas cargas como problemas ! ElviraConversa comigo 16:59, 17 agosto 2009 (UTC)

A pesar de estar farto de referirme a este tema en Commons, ó existir a categoría de símbolos que non se poden empregar na Wikipedia galega, o respaldo que terían as miñas palabras en Commons sería diferente. Podería contactar cun administrador de Commons e explicarlle os casos (ou algúns dos casos) desta categoría.

Por outra banda, só aclarar que o escudo ficheiro:Cangas escudos.PNG non é o mesmo tipo de casos que a min me desesperaron en Commons. Este escudo estou convencido de que será borrado en Commons. Motivo: é unha obra derivada (Commons:Obras derivadas) de dúas páxinas web que non están no dominio público.

Os casos que a min me desesperaron son outros. Por exemplo, quixen que fose borrado Ficheiro:Mondoñedo Spain.svg (ou a versión png ou jpg previa). O escudo de Mondoñedo non é así (é máis ou menos así), a súa forma está lexislada, pero non se me fixo caso e chegóuseme a dicir que era eu quen tiña que demostrar que o escudo de Mondoñedo nunca foi así (tería que buscar a conversa, conversa que é unha falta de respecto á lexislación referente a Galicia e que, ó meu parecer, ten unha clara impronta ideolóxica). Commons mente: ese non é o escudo de Mondoñedo; logo as Wikipedias que o empreguen menten.

O mesmo ocorre coas bandeiras ou escudos en que as cores non se axustan, en que non se axusta a forma das coroas,... Abandonei o tema por ser moi custoso localizar a lexislación xeral e a lexislación sobre cada escudo e loitar por cada un deles.

Hai moitísimos máis escudos que deben estar na categoría de símbolos incorrectos, creo que case todos. Por exemplo, File:Escudo de Rianxo.svg ten os buratos das portas e fiestras do castelo en cor vermella, pois creo (se non é este o escudo en que ocorre iso, é outro) que non é o lexislado. Agora ben, inda que non sexa o lexislado e se demostre, os especialistas españois sobre heráldica de Commons consideran que as normas da heráldica están por encima da lexislación galega. En definitiva, o diálogo é imposible.

Hoxe só vou ler o moi bo traballo que se fixo categorizando e explicando os problemas dos escudos presentes na categoría en cuestión. Mañá será outro día. -- Lmbuga / Conversa comigo  23:35, 17 agosto 2009 (UTC) -- Lmbuga / Conversa comigo  23:35, 17 agosto 2009 (UTC)