Conversa Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Lansbricae

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Condicións para votar[editar a fonte]

Ola, son User:Aricum e adoito traballar no Galizionario dende hai tempo. Teño unha pregunta para a comunidade. Segundo o usuario Lansbricae, non podo participar nas votacións da Galipedia porque seica non reúno as condicións para facelo: número de edicións, antigüidade, etc. Levo varios anos traballando no Galizionario, que é un proxecto irmán da Galipedia, con numerosas contribucións e onde son burócrata. Sempre participei nas votacións da Galipedia. Os usuarios da Galipedia, cando se animan a participar nas votacións do Dicionario, sempre son benvidos e eu nunca se lles observa con lupa o número de edicións que levan feitas alí, nin se teñen antigüidade, sempre que sexan usuarios habituais da Galipedia. O usuario Lansbricae quere anular o meu voto para a súa candidatura a administrador. Eu en realidade creo que reúno as condicións necesarias para votar, polo meu labor no Galizionario e, as poucas contribucións que fixen na Galipedia. A miña pregunta é: Ten razón o usuario Lansbricae para anular o meu voto? Gustaríame saber a opinión da comunidade. Grazas. Un saúdo.--Aricum 13:59, 26 novembro 2007 (UTC)

Si. Na política sobre elección de administradores aprobada hai unhas semanas establécese un mínimo de 700 edicións na Galipedia para poder votar e ti tes 159. --Xosé (✉) 14:21, 26 novembro 2007 (UTC)

Cambiar a categoría[editar a fonte]

Esta votación rematou, logo xa non é unha "Votación en curso". --GallaecioE logo? 17:01, 6 decembro 2007 (UTC)