Conversa Wikipedia:Imaxes para borrar/Ficheiro:BandeiraMarin.PNG

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

(Poida que haxa erros nesta relación de sucesos, pero non son erros intencionados)

17:37, 17 agosto 2009. Ficheiro:BandeiraMarin.PNG. (Pontevedra78 sobe a imaxe)


11:45, 18 agosto 2009. Conversa usuario:Lmbuga#Bandeira de Marín, feita. Pontevedra78 di a Lmbuga: Xa realicei a nova versión da Bandeira de Marín, creo que quedou coma ti querías, pódela ver aquí. Grazas pola anotación.


11:58, 18 agosto 2009. Ficheiro:BandeiraMarin.PNG. (Pontevedra78 sobe a imaxe. 2ª vez)


12:21, 18 agosto 2009. Ficheiro:BandeiraMarin.PNG. (Pontevedra78 sobe a imaxe. 3ª vez).


12:35, 18 agosto. Conversa ficheiro:BandeiraMarin.PNG#Problema na orixe. Lmbuga di a Pontevedra78

Fontes:

  1. Bandeira: Decreto 108/1986, do 20 de marzo aprobado polo Consello da Xunta de Galicia.
  2. Escudo: DOG do Luns, 2 de decembro de 1996, páxina 10.851. É o DOG da modificación, non o da aprobación, é por iso polo que non hai unha imaxe do escudo.
  3. Escudo: Deputación de Pontevedra

O problema segue sendo semellante ó que había en Ficheiro:MarinFlag.PNG: Falta a orixe da imaxe.

Posibilidades que eu vexo:

1.Se Pontevedra78 creou esta imaxe ten que indicar nos datos da mesma que el compuxo a bandeira e cada un dos detalles do escudo sen copialos da páxina da Deputación de Pontevedra. En caso de que o indique (hai que colocar ademais a referencia ó DOG nos datos da imaxe), non vexo inconveniente en que este escudo sexa empregado.

2.Se Pontevedra78 coloca como orixe da imaxe os datos do DOG e non indica a debida autoría propia, o escudo debería ser marcado coa etiqueta {{SímboloDubidoso}}. Esta etiqueta non impide o uso do escudo na Galipedia. ¿Por que esta etiqueta neste caso? Porque se supón que o escudo da bendeira é copiado dunha páxina web (quizais a da Deputación), pero se o escudo é o oficial, tal e como eu entendo a lexislación galega sobre heráldica, inda que a páxina teña Copyright, o escudo é PD. ¿Que ocorre?, que non sabemos se o escudo da orixe é o oficial porque non dispomos do DOG en que o escudo foi aprobado.

3.Se non se coloca a orixe, a imaxe debe ser borrada mediante {{SenOrixe}}

Comentario: Eu esperaba que Pontevedra78 se acollese á segunda posibilidade. Podía acollerse á primeira, nese caso, todo estaría solucionado. Eu esperaba que, antes de que el tomase unha decisión, seguise a falar comigo, pero non foi así


12:41, 18 agosto 2009. Conversa usuario:Pontevedra78#ficheiro:Escudo España antigo2.JPG‎. Lmbuga di:

No segundo dos casos anteriores podería tamén marcarse a imaxe coa etiqueta {{PendenteImaxe|Está a data do DOG en que o símbolo foi modificado, pero falta a data do DOG en que foi aprobado. É ademais necesario comprobar a exactitude do escudo coa imaxe do DOG}}.

Comentario: Ocorréuseme esta alternativa por ser menos lesiva e haber imaxes nesa condición. ¿Por que non ía ter esa condición a imaxe de Pontevedra78 se hai outras imaxes na Galipedia con esa etiqueta?.


12:55, 18 agosto 2009. Conversa ficheiro:BandeiraMarin.PNG#Problema na orixe. Pontevedra78 di:

Se o escudo da bandeira é o problema, este está aloxado na Galipedia (ou en Commons) e NON está subido pola usuaria que subiu MarinFlag.PNG, e tampuco o saquei da web da Deputación, ademáis, ese escudo actualmente non ten problemas de copyright.

Comentario: Ó meu parecer, Pontevedra78 malinterpretoume: Sentiuse ameazado cando eu estaba intentando salvar a imaxe. Ó expresar que o escudo o recolleu doutro sitio, véxome na obriga de indicarlle que ten que expresar na imaxe de onde o recolleu con exactitude.


13:34, 18 agosto 2009. Ficheiro:BandeiraMarin.PNG. (Pontevedra78 sobe a imaxe. 4ª vez)


15:21, 18 agosto 2009. Ficheiro:BandeiraMarin.PNG. Pontevedra78 engade esta inforación:

A bandeira basase no seguinte:

 

  • Bandeira: Decreto 108/1986 DOG

15:33, 18 agosto 2009. Ficheiro:BandeiraMarin.PNG. Pontevedra78 engade esta inforación:

A bandeira basase no seguinte:

 

  • Bandeira: Decreto 108/1986 DOG

Comentario: Sentinme de pena ó ver cómo actuaba o usuario. Estábame a dicir nun sitio que a orixe era unha e na imaxe dicía que a orixe era outra. Ben é certo que as dúas orixes poderían coincidir, coincidirían se realmente ese fose o escudo oficial, pero agora era preciso aclarar o que dixo sobre que a orixe da imaxe estaba en Commons ou noutras wikipedias.


17:09, 18 agosto 2009. [[Conversa ficheiro:BandeiraMarin.PNG#Causa da etiqueta {{SenOrixe}}]]. Lmbuga di:

Xa que dis que o escudo da bandeira está aloxado noutro lado (Commons, Wikipedia), agora tes que indicar a orixe (tódolos artigos da Galipedia deben tela). Ti mesmo expresas que o pillaches de Commons ou doutra wikipedia, pois mentres non poñas a orixe, o artigo terá que sen marcado como SenOrixe e, nun futuro, poderá ser borrado.


17:17, 18 agosto 2009. Conversa usuario:Pontevedra78#ficheiro:Escudo España antigo2.JPG‎. Conversa usuario:Pontevedra78#ficheiro:Escudo España antigo2.JPG‎. Lmbuga di:

Ola de novo. Volvín editar na páxina de conversa da bandeira. Parece que non entendes que estaba intentando salvar o ficheiro. Ó expresares ti que a orixe do escudo está en Commons e noutras Wikipedias, obrigáchesme a marcar o ficheiro coa etiqueta {{SenOrixe}}, pois hai unha orixe e non colocas ligazón (podería buscala eu, pero é obriga dos usuarios que soben imaxes colocar a orixe das mesmas). Tes que indicar como orixe que é o que fixeches ti e de que lugar recolliches o escudo cunha ligazón a Commons ou a outras wikipedias. Un cordial saúdo


21:16, 18 agosto 2009. Ficheiro:BandeiraMarin.PNG. Pontevedra78 engade:

{{Information
  + 
|Description=Escudo de [[Marín]]
  + 
|Source=Decreto 108/1986 do Diario Oficial de Galicia
  + 
|Date=18 de agosto de 2009
  + 
|Author=[[Usuario:Pontevedra78|Pontevedra78]] seguindo as instruccións da Deputación de Pontevedra
  + 
|Permission=
  + 
|other_versions=
  + 
}}

{{PD}}

21:16, 18 agosto 2009 e 21:18, 18 agosto 2009. Ficheiro:BandeiraMarin.PNG. Pontevedra78 fai leves variacións:

{{Information
  + 
|Description=Escudo de [[Marín]]
  + 
|Source=Decreto 108/1986 do Diario Oficial de Galicia
  + 
|Date=18 de agosto de 2009
  + 
|Author=[[Usuario:Pontevedra78|Pontevedra78]] seguindo as instruccións da  [http://www.depontevedra.es/?1,6753 Deputación de Pontevedra] 
  + 
|Permission=GFDL 
  + 
|other_versions=
  + 
}}

{{PD}}

22:12, 18 agosto 2009. Ficheiro:BandeiraMarin.PNG. Lmbuga retira o texto:

{{SenOrixe|18-08-09|Véxase o 2º apartado da páxina de conversa}}


22:15, 18 agosto 2009. [[Conversa ficheiro:BandeiraMarin.PNG#Causa da etiqueta {{SenOrixe}}]].

Retirei a marca {{SenOrixe}}, pero o acontecido non me gusta, quizais mañá cambie de opinión. Por certo, a imaxe ten a licenza incorrecta, polos datos expostos ten que ser {{PD-propia}}

Comentario: A miña reflexión era evidente. A alternativa de que a imaxe por enteiro fose da autoría de Pontevedra78 xa non era posible por manifestar el mesmo que recollera a imaxe doutra páxina. Como moitas veces actuei de xeito primario e moi bruscamente, decidín non actuar e só manifestar o meu malestar. Era evidente que Pontevedra78 estaba desenvolvendo o maior acto vandálico que se pode realizar, ó meu xuízo, cunha imaxe


22:21, 18 agosto 2009. Ficheiro:BandeiraMarin.PNG. Pontevedra78 fai leves variacións:

{{PD-propia}}


21:07, 6 setembro 2009. Ficheiro:BandeiraMarin.PNG. (Pontevedra78 sobe a imaxe. 5ª vez e varía sen xustificar as cores)

Comentario: Quixen esquecerme desta imaxe. Non quería máis sarillos: xa tiven bastantes no pasado. Pero que cambiase as cores da imaxe porque si pareceume -con perdón- un cachondeo. Decidín non actuar, ata que 7 días despois non puiden deixar de facelo, a pesar de saber que facelo ía volverme poñer na diana, a pesar de saber que facelo ía supor expoñerme outra vez á vista de todos como ser conflitivo (cousa que non nego, pero á que engadiría que son racional), a pesar de saber que, ó facelo, me vería obrigado a perder horas en compoñer a presente páxina para poder seguir editando con tranquilidade.


00:27, 13 setembro 2009. Conversa ficheiro:BandeiraMarin.PNG#Tras o sucedido nas conversas. Lmbuga di:

Para o meu xeito de ver hai dous comportamentos dispares: a defensa de propios intereses e a defensa de intereses comúns ou dos intereses da Galipedia. Móllense administradores, a min non me compete este caso (Se eu fose administrador, onde vai que eu tería borrado esta imaxe)


01:10, 13 setembro 2009. Conversa usuario:Pontevedra78#Escudo e bandeira de Marín. Lmbuga di a Pontevedra78:

Eliminei referencia a calquera dos dous na páxina Marín. Véxase páxina de conversa. É obriga daqueles que soben as imaxes demostrar a exactitude das mesmas. Insuficiente: Ou ben o escudo ou ben a bandeira poden ser mantidas. Noutras palabras: Non estou disposto a seguir xogando unha partida infantil de xadrez. Un cordial saúdo.


01:53, 13 setembro 2009. Conversa usuario:Pontevedra78#Escudo e bandeira de Marín. Lmbuga di a Pontevedra78:

Wikipedia:Imaxes para borrar/Ficheiro:BandeiraMarin.PNG. Un cordial saúdo


Acabo de ver que na última subida que P78 fixo da imaxe engadiu Maior parecido a utilizada polas institucións. O malo é que iso é como non dicir nada: ¿Que institucións?, ¿onde se pode comprobar?...

Esquecera asinar todo isto: -- Lmbuga / Conversa comigo  00:28, 14 setembro 2009 (UTC)