Conversa:Orraca (nome)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Urraca»)

Untitled[editar a fonte]

Haberia que substituir este artigo por un de desambiguación, pois hai cando menos duas Urracas importantes, a de León e a de Portugal, de feito os links a outras wikis no artigo dirixen-se á de Portugal. Se ninguén se opon..

Emilio juanatey 22:21, 11 abril 2007 (UTC)

  • Concordo --Xosé (✉) 22:24, 11 abril 2007 (UTC)
  • Concordo -- Pero no outro artigo non habería que cambiar o título, castelo índa non era reino e ela asinaba como raiña de Galicia non? --Lansbricae 22:29, 11 abril 2007 (UTC)

Urraca de Castela?[editar a fonte]

non son un experto, pero en xeral é mais coñecida como Urraca de Castela. En xeral desde Sancho o grande Castela é un reino, e xa non voltou a depender de Navarra, se ben non era tan importante como León. Xa con Fernando I comezou a por-se ao nível. Emilio juanatey 23:00, 11 abril 2007 (UTC)

Concordo no que dis, pero ela asinaba como emperatriz de Galicia, o seu home foi conde de Galicia, o seu fillo foi coroado primeiro rei de Galicia e despois de León e Castela e ela exerceu o seu poder desde Galicia por iso o decia, pero tamén estou de acordo en que poñer como título Urraca de Galicia, León e Castela quedaría un pouco longo polo que o deixo ao teu criterio. Por min adiante. --Lansbricae 23:12, 11 abril 2007 (UTC)

Tampouco o teño claro, mañá vou consultar o libro de Carmén Pallarés La Reina Urraca e miramos cal é o título mais correcto, ainda que a política da Wikipedia é pór sempre no título o nome mais común e despois redireccionar, o certo é que nestos temas seguen-se tradicións que non por antigas son menos falsas. Hai que mirar. En calquer caso facemos a desambiguación.
Tamén seria correcto Urraca I

Emilio juanatey 23:55, 11 abril 2007 (UTC)

Sinatura de Urraca[editar a fonte]

Xa mirei o tema, na colección Diplomática (ver Bibliografía do artigo), mirei mais dun cento de documentos comezando no 22 de xullo de 1109 e xa ai pon:

Ego Urraka, Dei nutu totius Yspanie regine..

Desde ese documento a súa sinatura varia moito na ortografia e nas expresións, pero no 80% dos casos ese é o contido. Nalguns pon imperatrix, e en alguns en concreto detalla mais e pon Toletum... en concreto en dous dos últimos di

Urraca regina, in Leone et in Castella et in Galicia

Penso que mellor é deixá-lo como está, é o mais común e eu non encontrei argumentos de peso para cambiá-lo.

Emilio juanatey 18:10, 12 abril 2007 (UTC)