Conversa:Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Polo que vexo nas outras wikipedias ou ben é Alto ou non se traduce ou ponse directamente Gorno, pero en ningunha aparece montañoso, se é Badakhshan ou Badaghxán non teño idea.--Arco de Rayne 08:18, 11 agosto 2008 (UTC)

  • Revertín unha edición que afirmaba que debía ser Badaghxón por rematar en taxico en o e non en a, non se achegaban referencias da súa utilización en galego nin en ningunha outra lingua da nosa contorna e ademais temos Taxiquistán e non Taxiquistón polo que o argumento do taxico parece máis ben investigación orixinal (debía ser ..., pero isto é unha enciclopedia non do que debía ser senón do que é)--Arco de Rayne 08:04, 14 agosto 2008 (UTC)
  • Ademais de todo o dito e antes de entrar nun debate estéril nin o taxico nin o ruso son as linguas orixinais da rexión, son as diversas linguas pamir que aínda se falan na rexión.--Arco de Rayne 22:11, 18 agosto 2008 (UTC)

Badaghxá/ón Montañoso[editar a fonte]

(SIC)<<Revertín unha edición que afirmaba que debía ser Badaghxón por rematar en taxico en o e non en a, non se achegaban referencias da súa utilización en galego nin en ningunha outra lingua da nosa contorna e ademais temos Taxiquistán e non Taxiquistón polo que o argumento do taxico parece máis ben investigación orixinal (debía ser ..., pero isto é unha enciclopedia non do que debía ser senón do que é)--Arco de Rayne 08:04, 14 agosto 2008 (UTC) Ademais de todo o dito e antes de entrar nun debate estéril nin o taxico nin o ruso son as linguas orixinais da rexión, son as diversas linguas pamir que aínda se falan na rexión.--Arco de Rayne 22:11, 18 agosto 2008 (UTC) Traído desde "http://gl.wikipedia.org/wiki/Conversa:Provincia_Aut%C3%B3noma_do_Badaghx%C3%A1n_Monta%C3%B1oso">>

Unha persoa que non sabe diferenciar un copretérito (pasado) a un pospretérito (condicional) dicindo "debía" por "debería" non debería nin debe seguir opinando nunha enciclopedia.

Efectivamente isto É UNHA ENCICLOPEDIA DO QUE É E DEBE SER, e os datos que aporto son reais. Só tes que entrar nas páxinas do Goberno de Taxiquistán e comprobalo. En 1992 despois da independencia o Gorberno decretou a taxicación de tódolos nomes do país que estivesen en ruso.

En canto ás linguas do Pamir (que xa vexo que tampouco sabes moito), Badaghxán díse "Badaghxán, Badaghxón ou Badaghxún" de pendendo da lingua que se fale.

  • Mais a Galipedia non debe ser unha fonte primaria. Hai que achegar referencias fiables ou autorizadas para dicir que en galego é Badaghxán Montañoso. Se non as hai non se pode manter este título do artigo. E tamén pido máis respecto á hora de opinar. AlberteSi, digame? 13:47, 23 agosto 2008 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 08:02 (UTC)[responder]