Saltar ao contido

Conversa:Latín vulgar

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

Bon día!. A quen corresponda: No cadro do léxico, no que se mostra a mudanza do latín clásico ao vulgar, o exemplo de paso de ferre a portare non vale para o galego; portar non forma parte do vocabulario usual /patrimonial da nosa língua. Pode exemplificar no caso do francés: Je porte un livre, ou no italiano: io porto un libro, pero en galego é: Levo un libro; non: Porto un libro; así que o exemplo debe darse con levare - Montes, 10 maio 2008, 13:54.

  • Portar co significado de levar, transportar, traer está recollido nos dicionarios galegos DRAG: [1], dicionario Ir Indo [2] e xa como indicación persoal é palabra que oín utilizar a mulleres de moita idade, cun coñecemento do castelán moi escaso.--Arco de Rayne 12:22, 10 maio 2008 (UTC). Aínda que levar e traer son verbos moito máis empregados.--Arco de Rayne 12:25, 10 maio 2008 (UTC)

O texto está feito á medida do castelán, hai datos que non son exactos para o conxunto das linguas romances. Por exemplo, supoño que non fai falta recordar que AU non evolucionou en todos os dialectos a /o/. Furagaitas* 18:34, 15 xuño 2008 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Latín vulgar. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de setembro de 2018 ás 16:10 (UTC)[responder]