Conversa:Imperio Aqueménida

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa:Imperio Persa»)

Untitled[editar a fonte]

Non sei se son moi atrevido dicindo que sería bo poñer unha semiproteción sobre este artigo (se non me equivoco creo que caduca logo de algún tempo) despois de que fose vandalizado en numerosas ocasións como se pode ver no hitorial da páxina. --Toliño (Fala aquí comigo) 18:36, 25 setembro 2007 (UTC)

  • Coido que polo de agora é unha medida demasiado drástica. Se continúa a ser vandalizada si que podería ser unha medida a termos en conta. AlberteSi, digame? 22:20, 25 setembro 2007 (UTC)

Aqueménida en maiúscula?![editar a fonte]

@Chairego apc: non entendo o movemento. "Aqueménida" é adxectivo, segundo a propia fonte que achegas [1]. Non si? --. HombreDHojalata.conversa 1 de decembro de 2021 ás 11:01 (UTC)[responder]

Boas HombreDHojalata. Fixen o movemento por coherencia co resto de artigos de imperios, por ter consideración de nome de estado. Imperio Romano, Imperio Inca, Imperio Español, Imperio Ruso... temos multitude de exemplos de nomes de imperios que están en maiúscula. Aínda que o termo aqueménida non aparece no dicionario da RAG, a RAG recolle o uso de nomes de imperios en maiúsculas, como por exemplo nos termos Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para otomán., Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carolinxio., Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bizantino., onde pode verse que aínda que os termos teñen a mesma consideración de adxectivo que ten aqueménida, aparecen en maiúscula. Un saúdo. Chairego apc (conversa) 1 de decembro de 2021 ás 15:56 (UTC)[responder]

Ok, vale, grazas. Despistoume o feito de que o dicionario da propia RAG non siga nos exemplos, penso, un criterio uniforme (véxase A división do imperio romano marcou o comezo da súa agonía; O imperio británico enfrontouse aos bóers e aos bantús; Durante o imperio khmer sucedéronse no trono varias dinastías). --. HombreDHojalata.conversa 1 de decembro de 2021 ás 22:30 (UTC)[responder]