Conversa:Corpo de auga
Aparencia
Untitled
[editar a fonte]Velaí vai unha dúbida, no DdD hai varias definicións de esteiro, as dúas principais son lagoa salgada que se forma nas proximidades do mar e brazo de mar ou de río que entra en terra. No DdD non sae nada consultado estuario. Pero o dicionario da Academia e o VOLGA teñen os dous termos, definíndoo o primeiro só como o da zona de costa onde desemboca un río; son esteiro e estuario son sinónimos nese tipo específico de lagoa. Mirando en internet nos textos de xeografía abundan as lagoas costeiras salobres ou de auga salgada pero non atopo ningún que utilice a forma estuario para este tipo de lagoas.--Cheluco 19:51, 4 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Unha posibilidade sería que os dicionarios do DdD traducisen o estero dos dicionarios casteláns para esteiro, e que en galego foran de sempre lagoas, e que agora se empregue lagoa costeira de auga salgada nos traballos especialidados, pero non o sei--Cheluco 19:56, 4 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Esteiro e estuario, segundo o DRAG, son sinónimos pero non son lagoas: "Zona de costa onde desemboca un río e que queda cuberta pola preamar". Nas lagoas non ten po que desembocar un río e non se ven afectadas pola preamar. Hai lagoas costeiras (como A Bodeira, aquí no Grove) e esteiros/estuarios como o do río Miño, pero son cousas distintas. Supoño que existirá certo rexeitamento a usar estuario por semellar castelán. Pedro --Lameiro (conversa) 20:07, 4 de xaneiro de 2011 (UTC)