Igrexa de San Francisco de Viveiro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2020.) |
Igrexa de San Francisco de Viveiro | |
---|---|
Igrexa de San Francisco | |
País | España |
Localización | Viveiro |
Coordenadas | 43°39′48″N 7°35′40″O / 43.663195, -7.594397 |
Diocese | Diocese de Mondoñedo-Ferrol |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa do Convento de San Francisco é o templo católico da parroquia de Santiago de Viveiro (concello de Viveiro). É unha construción erixida no século XIV, con nave única.
Historia e características
[editar | editar a fonte]A súa construción comezárona os franciscanos xa no século XIII. Desta época consérvanse 3 arcos descubertos na reforma de 1945 e unha porta. A ábsida constitúe unha das máis fermosas da provincia.
No interior destaca o seu retablo renacentista doado e traído por Juan Dutton Aguilar dende os Países Baixos; este atópase na capela do baptisterio. Outro retablo a destacar é o da capela da Orde Terceira; de estilo barroco do século XVIII coa imaxe da Dolorosa como principal. Nesta capela gárdanse algúns procesionais.
En toda a igrexa atópanse distintos sepulcros. Os máis importantes atópanse na nave principal: o sepulcro da bieita Constanza (filla do señor medieval o mariscal Pero Pardo de Cela) e o sepulcro do poeta Pastor Díaz. Na sancristía atópase outro importante retablo coa imaxe do Cristo dos Mareantes, do século XIV. Gárdanse tamén alí algunhas vitrinas con reliquias dalgúns santos mártires.
O seu claustro data do século XVII.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de San Francisco de Viveiro |