Saltar ao contido

Convention of Scottish Local Authorities

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Convención de Autoridades Locais Escocesas (Convention of Scottish Local Authorities, COSLA) agrupa ás 32 entidades locais de Escocia e é o organismo encargado de representar ás entidades locais escocesas fundamentalmente perante o Goberno Escocés mais tamén perante o Goberno Británico e a Unión Europea.

Diferénciase de organismos similares coma a Federación Galega de Municipios e Provincias en que COSLA non está vencellada a ningún organismo de concellos a nivel do Reino Unido, xa que o goberno local é unha competencia transferida en exclusiva ao Goberno escocés.

O seu representante en Bruxelas é o galego Serafín Pazos.

Ligazóns

[editar | editar a fonte]