Convenio Internacional para previr a contaminación dos Buques
Aparencia
MARPOL 73/78 (en inglés International Convention for the Prevention of Pollution from Ships, de 1973 e modificado polo Protocolo de 1978) é un convenio da Organización Marítima Internacional para a prevención da contaminación dos mares e océanos. Entrou en vigor o 2 de outubro de 1983. Foi asinado por 119 países.
Estrutura
[editar | editar a fonte]Dende 2005, o convenio ten a seguinte estrutura:
- Introdución.
- Texto do Convenio Internacional para Previr a Contaminación por Buques de 1973.
- Protocolo de 1978 relativo ao Convenio 1973.
- Emendas de 1984.
- Emendas de 1985.
- Protocolo de 1997 que emenda o Convenio de 1973 modificado polo Protocolo de 1978.
- Seis Anexos que conteñen regras que abarcan as diversas fontes de contaminación polos buques.
- Anexo I, prevención da polución da auga por aceite e hidrocarburos. Entrou en vigor o 2 de outubro de 1978.
- Anexo II, regras para previr a contaminación por Substancias Nocivas Líquidas Transportadas a Granel. Entrou en vigor o 2 de outubro de 1983.
- Anexo III, prevención da contaminación por substancias transportadas envoltas. Entrou en vigor o 1 de xullo de 1992.
- Anexo VI, prevención da contaminación por augas sucias en buques. Entrou en vigor o 27 de setembro de 2003.
- Anexo V, prevención da contaminación por lixo en buques. Entrou en vigor o 31 de decembro de 1988.
- Anexo VI, prevención da contaminación do aire. Entrou en vigor o 19 de maio de 2005.
- Interpretación uniforme dalgunhas disposicións dos anexos.
- Total de disposicións MARPOL 73/78.