Saltar ao contido

Condado de Quirós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Condado de Quirós
Primeiro titularLorenzo Bernaldo de Quirós
ConcesiónCarlos VI de Alemaña
10 de novembro de 1716
LiñaxesCasa de Quirós
Casa de Millán
Actual titularIsidoro Alejandro Millán Mon

O condado de Quirós é un título nobiliario español. Na actualidade o conde de Quirós é Isidoro Alejandro Millán Mon.

Creación

[editar | editar a fonte]

O título foi outorgado por Carlos VI de Alemaña o 10 de novembro de 1716 a Lorenzo Bernaldo de Quirós, coronel de infantaría nado en Moreda (Aller, Asturias), que loitara en Flandres.

A finais dos anos sesenta iníciase un proceso de recuperación do título nobiliario por parte de tres liñas distintas, Carlos Bernaldo de Quirós y Bustelo, o filólogo Isidoro Millán González-Pardo e Joaquín de Puigdorflla y Zaforteza. O proceso non se remata, e retómase a principios da década dos oitenta por Joaquín Fuster de Puigdorfila y Zaforteza, de novo Isidoro Millán González-Pardo e Francisco Millán Mon. Finalmente, e logo de distintas batallas legais, en 1984 o título foi recuperado polo galego Isidoro Millán González-Pardo, que se converteu así no segundo conde de Quirós.

  1. Lorenzo Bernaldo de Quirós: 1716 - ?
  2. Isidoro Millán González-Pardo: de 1984 a 2002
  3. Isidoro Alejandro Millán Mon: de 2006 á actualidade.