Hai determinadas palabras que, precedendo ao pronome, fan que o pronome se coloque diante do verbo. Neste caso o pronome non vai pegado ao verbo. Estas palabras son:
As que marcan subordinación: que (aínda que, sempre que, posto que, xa que, ...) se ...
Pronome ben colocado
Pronome mal colocado
Dixo que te vira onte
Dixo que vírate onte
Se llo regalas, terás un premio
Se regálasllo, terás un premio
Os adverbios de negación (non, nunca, xamais)
Pronome ben colocado
Pronome mal colocado
Non o vin
Non vino
Os adverbios de dúbida (quizais, talvez, seica, disque)
Pronome ben colocado
Pronome mal colocado
Quizais che pregunte mañá a lección
Quizais pregúnteche mañá a lección
Seica te veu ver teu pai
Seica veute ver teu pai
Algúns outros adverbios: xa, só, ben, mal, axiña, sempre, aínda, aquí, aí, alí, máis, menos ...
Pronome ben colocado
Pronome mal colocado
Xa cho dixo aquela rapaza
Xa díxocho aquela rapaza
Só llo contei á miña sogra
Só conteillo á miña sogra
Sempre te estás a meter comigo
Sempre estaste a meter comigo
Aínda cho pedín o outro día
Aínda pedincho o outro día
Máis nos valería marchar
Máis valeríanos marchar
Aquí o tes
Aquí telo
Os pronomes interrogativos: onde, cando, canto, como
Pronome ben colocado
Pronome mal colocado
Canto lle deches ... ?
Canto décheslle ... ?
Algúns indefinidos: ninguén, alguén, calquera, mesmo, algo, nada, bastante, ...
Nas perífrases verbais pode ir a carón do verbo principal (téñoche que dicir), despois da conxunción ou preposición (teño que che dicir) ou detrás do verbo se este está en infinitivo (teño que dicirche)
Pronome ben colocado
Pronome mal colocado
Téñoche que dar unha boa noticia
Teño que che dar unha boa noticia
Teño que darche unha boa noticia