Saltar ao contido

Codificador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un codificador é un circuíto combinacional con 2N entradas e N saídas, cuxa misión é presentar na saída o código binario correspondente á entrada activada.

Existen dous tipos fundamentais de codificadores: codificadores sen prioridade e codificadores con prioridade. No caso de codificadores sen prioridade, pode darse o caso de saídas cuxa entrada non poida ser coñecida: por exemplo, a saída 0 podería indicar que non hai ningunha entrada activada ou que se activou o entrada número 0. Ademais, certas entradas poden facer que na saída se presente a suma lóxica de ditas entradas, ocasionando maior confusión. Por iso, este tipo de codificadores é usado unicamente cando o rango de datos de entrada está correctamente acoutado e o seu funcionamento garantido.

Dirección local de lugar.

Para evitar os problemas anteriormente comentados, deséñanse os codificadores con prioridade. Nestes sistemas, cando existe máis dun sinal activo, a saída codifica a de maior prioridade (xeralmente correspondente ao valor decimal máis alto). Adicionalmente, codifícanse dúas saídas máis: unha indica que ningunha entrada está activa, e a outra que algunha entrada está activa. Esta medida permite discernir entre os supostos de que o circuíto estivese deshabilitado pola non activación do sinal de capacitación, que o circuíto non tivese ningunha entrada activa, ou que o entrada número 0 estivese activada.

Tamén entendemos como codificador (códec), un esquema que regula unha serie de transformacións sobre un sinal ou información. Estes poden transformar un sinal a unha forma codificada usada para a transmisión ou cifrado ou ben obter o sinal adecuado para a visualización ou edición (non necesariamente a forma orixinal) a partir da forma codificada.

Neste caso, os codificadores son utilizados en arquivos multimedia para comprimir son, imaxe ou vídeo, xa que a forma orixinal deste tipo de arquivos é demasiado grande para ser procesada e transmitida polos sistemas de comunicación dispoñíbeis actualmente. Utilízanse tamén na compresión de datos para obter un tamaño de arquivo menor.

Segundo esta nova definición, podemos dividir os codificadores en códecs sen perdas e códecs con perdas, segundo se a información que se recupera coincide exactamente coa orixinal ou é unha aproximación.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]