Castelo de Marvão
Aparencia
Marvão | |
---|---|
Monumento nacional de Portugal | |
Concello | Santa Maria de Marvão |
Provincia | Alentexo |
Coordenadas | 39°23′47″N 7°22′47″O / 39.39638889, -7.37972222 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | gótico (século XIII) |
Véxase tamén | |
Castelos de Portugal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Castelo de Marvão, no Alentexo, localízase na vila de Santa Maria de Marvão, no concello de Marvão, distrito de Portalegre (Portugal).
O castelo forma parte do Parque Natural da Serra de São Mamede, na vertente norte da montaña, atópase nunha posición privilexiada na vila, polo que ten unha posición estratéxica, co que controlaba, no pasado, o paso do río Sever, afluente do río Texo. Isto atrouxo a atención de diversos monarcas, que remodeloraron o castelo, ata o seu aspecto actual.
Características
[editar | editar a fonte]O Castelo de Marvão érguese nunha cordilleira de cuarzo, a 850 metros sobre o nivel do mar, e entre as súas murallas atópase a vila medieval. Estas están reforzadas por varias torres, que se distribúen en liñas defensivas concéntricas:
- a liña interior, reforzada por dúas torres, dominadas pola torre da homenaxe, de planta cadrada, á que se lle engade;
- a liña intermedia, coroada por ameas e reforzada por torres macizas;
- a liña exterior, constituída pola barbacá, de onde parte a cerca que envolve o monte e a vila. A adaptación desa defensa a finais do século XVII, converteu o castelo no baluarte da cidadela da fortaleza abaluartada, con bombardeiras nas torres, o que permitía o tiro rasante.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de Marvão |