Carta de natureza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A carta de natureza é un medio de adquisición da nacionalidade, que consiste no outorgamento da condición de "nacional" polo goberno do Estado, normalmente atendendo a circunstancias excepcionais que concorren no interesado, ponderadas de xeito discrecional, e por medio de decreto.

A institución da carta de natureza responde ao criterio de que a posesión da nacionalidade é un beneficio para o suxeito, ou un premio do que o adquirente da nacionalidade é merecente polos seus servizos ao Estado ou por calquera outra circunstancia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]