Carniano
Aparencia
O Carniano é unha división da escala temporal xeolóxica, o primeiro piso e idade do Triásico Superior, que se estende desde 235 a 228 millóns de anos atrás, aproximadamente. É o sucesor do último piso do Triásico Medio (Ladiniano) e anterior ao segundo piso do Triásico Superior (Noriano). Nesta idade aparecen os primeiros dinosauros, diversifícanse os réptiles sinápsidos e «monstros mariños» como o Cymbospondylus e o Tanystropheus.