Saltar ao contido

Carmen de Andrés Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarmen de Andrés Conde
Biografía
Nacemento1951 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid (–1973) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira civil, enxeñeira de camiños Editar o valor en Wikidata
Premios
Medalla de Honra do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos no ano 2009.[1]

Carmen de Andrés Conde nada en Madrid en 1951 é a primeira muller titulada Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da Universidade Politécnica de Madrid en 1973.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carmen de Andrés Conde matriculouse na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos da Universidade Politécnica de Madrid no curso 1968/69, a pesar de non ser a única muller que nese curso entrou a formar parte do alumnado da escola, si se converteu, catro anos despois, na primeira muller titulada Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, en só catro anos e quedando a décimo quinta da súa promoción.[3] O seu logro tivo resonancia mesmo nese momento, chegando a aparecer na prensa.[4]

Tras titularse entrou en primeira instancia no Ministerio de Obras Públicas, na Dirección Xeral de Estradas, especializándose en innovación, calidade e medio ambiente, en concreto no ámbito das obras públicas e, dentro do mesmo, como especialista no ciclo integral da auga, pasando a converterse en consultora nesta especialidade, tanto para as empresas privadas, como para a administración pública.[3] Aceptou o cargo de Presidenta de Creatividade e Tecnoloxía, S.A. (CTYSA), unha empresa do sector da xestión e control integral do ciclo da auga, en especial para os procesos de tratamento de augas, telecontrol e telemando coa aplicación de solucións de alto nivel tecnolóxico.[3][5] Tamén desempeñou cargos públicos, por exemplo, entre os anos 1991 e 1994 foi Directora Xeral de Política Tecnolóxica, o cal lle supuxo participar na elaboración da Lei da Industria de 1992, na Lei de Residuos Tóxicos e Perigosos; ademais, anteriormente participou na elaboración do Real Decreto lexislativo sobre Avaliación do Impacto Ambiental (1986), aínda que nese momento como técnico.[3][5] Tamén realizou traballos de docencia como o labor realizado no Seminario sobre Innovación Tecnolóxica na Empresa na Harvard Business School (2009) e no Seminario Xestión da Innovación na Empresa en Wharton School (2010) e ou o seu traballo como directora dun MBA en Construcións e infraestruturas.[3] Na actualidade é Membro do Consello Asesor do Fondo de Cooperación para Auga e Saneamento (Axencia Española de Cooperación Internacional) e Conselleira do Grupo Pontes, Vogal da Xunta de Goberno do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos, conselleira do Banco de Crédito Industrial, de Paradores Nacionais, e do ICEX.[3]

O seu nomeamento como conselleira independente da empresa OHL en 2018, supuxo o anticipado cumprimento da recomendación 14 do Código de Bo Goberno, que fixa o seu obxectivo nun 30% de presenza de mulleres nos consellos de administración para o ano 2020.[6][7]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa carreira profesional Carmen de Andrés Conde publicou artigos en revistas especializadas como: Revista de Obras Públicas: Órgano profesional dos enxeñeiros de camiños, canles e portos (Gestión de cuencas: de la prevención de inundaciones a la gestión integral del ciclo del agua. Carmen de Andrés Conde. Revista de Obras Públicas. ISSN 0034-8619, Nº. 3530, 2012, páxs. 7-14); Qualitas hodie: Excelencia, desarrollo sostenible e innovación (Calidad e innovación en la empresa. Carmen de Andrés Conde. Qualitas hodie: Excelencia, desarrollo sostenible e innovación, ISSN 1133-2417, Nº. 18, 1995, páxs. 103-105); Economía industrial (Calidad y Seguridad Industrial. Carmen de Andrés Conde. Economía industrial, ISSN 0422-2784, Nº 285, 1992, páxs. 21-27) ou en Información Comercial Española, ICE: Revista de economía (La tecnología y el binomio industria-medio ambiente. Carmen de Andrés Conde. Información Comercial Española, ICE: Revista de economía, ISSN 0019-977X, Nº 711, 1992 (Ejemplar dedicado a: ECONOMÍA Y MEDIO AMBIENTE), páxs. 193-202) entre outras.[8] Tamén colaborou en obras colectivas como:

  • Redes de acceso para la interactividad. Carmen de Andrés Conde. Apuntes de la sociedad interactiva: autopistas inteligentes y negocios multimedia / Cándido Velázquez-Gaztelu Ruiz (pr.), 1994, ISBN 84-8112-020-0, páxs. 103-111.[9]
  1. Pilar Quijada (13-07-2017). "Carmen de Andrés, la primera ingeniera de Caminos". innovaspain (en castelán). Consultado o 12 de marzo do 2020. 
  2. Las Mujeres en la Universidad. Paneles exposición. Universidad Politécnica de Madrid Consulta 10 de enero de 2017
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Mujeres de mi tiempo – Carmen de Andrés, primera mujer Ingeniero de Caminos de España. Félix Maocho. 10 de setembro de 2015 Consultado o 12 de marzo do 2020
  4. María del Carmen de Andrés Conde: La primera mujer Ingeniero de Caminos. Hemeroteca de ABC Consulta 12 de marzo de 2020
  5. 5,0 5,1 Encontro con…Carmen de Andrés Conde Revista Dintel otoño 2012 Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. Consultado o 2 de xaneiro de 2017
  6. "OHL remodela su Consejo de Administración". www.ohl.es (en castelán). 9-07-2018. Arquivado dende o orixinal o 15-09-2018. Consultado o 12 de marzo do 2020. 
  7. "Crece la presencia de mujeres en los consejos, pero sigue siendo insuficiente - EXPANSION". EXPANSION (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  8. Carmen de Andrés Conde Dialnet. Universidade de La Rioja Consulta 2 de enero de 2017
  9. Redes de acceso para la interactividad Dialnet Universidad de La Rioja Consulta 5 de xaneiro de 2017