Cambio semántico
Aparencia
Suxeriuse que "Cambio léxico-semántico" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Denomínase cambio semántico á variación de significado que sofren as palabras ó longo da súa historia.
A pesar de que o significado é o moi pouco resistente ó cambio, a evolución semántica do vocabulario lingüístico recibiu escasa atención ó ser imposible establecer leis semánticas constatables como acontece coa evolución fonolóxica.
Causas do cambio semántico
[editar | editar a fonte]As causas do cambio semántico poden ser:
- Lingüísticas: Unha das causas do cambio de significado é a frecuente asociación de dúas ou máis palabras. Isto é, entre as voces que acostuman a concorrer xuntas nun mesmo contexto, pode suceder que o significado dunha se transfira á outra.:REM NĀTA quería dicir orixinariamente 'calquera cousa' > 'nada, en absoluto' (A elipse de REM dá lugar ó actual nada. A elipse de NADA dá ren[1]).
- Causas históricas: Calquera cambio na realidade extralingüística constitúe un caso de cambio semántico ó non ir acompañado por un cambio de significante: coche: 'vehículo tirado por cabalos' > automóbil. Alguacil (<wasîr 'primeiro ministro') >med. 'gobernador dunha cidade' > 'maxistrado' > 'policía' > 'oficial menor da corte', 'mensaxeiro co concello'.
- Causas sociais: Pode darse unha redución do significado ou unha ampliación por pasar a circunscribirse unha palabra a un ámbito máis reducido ou máis xeral: AFFECTARE 'dedicarse a algo' > 'adornar, embelecer' > afeitar. Armario ('armería') > armario
- Causas psicolóxicas: Tabús e eufemismos. Por exemplo, aseo por latrina, ou o latín VULPES que foi substituído por motivos eufemísticos dando lugar a raposo en referencia ó rabo poboado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para REN.