COSMO-SkyMed

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «COSMO 1»)

COSMO-SkyMed (Constellation of Small Satellites for Mediterranean basin observation) ou COSMO é unha serie de satélites de observación terrestre italiano mediante radar de apertura sintética.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os catro satélites COSMO lanzáronse entre 2007 e 2010 foron construídos por Alenia Spazio e operados pola Axencia Espacial Italiana (ASI). A súa misión foi observar a superficie terrestre e en especial a área do Mediterráneo en alta resolución para controlar o territorio nacional, monitorizar desastres medioambientais e usos agrícolas e cartografar cunha resolución de ata un metro. O radar dos COSMO-Skymed funcionaba en banda X. Todos foron lanzados mediante foguetes Delta 7420.[1][2]

Os satélites COSMO formaban, xunto cos satélites ópticos franceses Pleiades, o Sistema Orfeo de observación terrestre.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
COSMO 1 8 de xuño de 2007 Delta 7420 Éxito
COSMO 2 9 de decembro de 2007 Delta 7420 Éxito
COSMO 3 25 de outubro de 2008 Delta 7420 Éxito
COSMO 4 6 de novembro de 2010 Delta 7420 Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2023). "Cosmo-SkyMed" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "COSMO 1, 2, 3, 4" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]