Saltar ao contido

Club Esportiu Manacor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CD Manacor»)
CE Manacor
NomeClub Esportiu Manacor
Alcume(s)Rojiblancos
Fundación1923
EstadioNa Capellera,
Manacor, Baleares, España España
Capacidade1.500
PresidenteEspaña Juan Vicenç Acuñas
AdestradorEspaña Paco Acuñas
Liga3ª − Grupo 11
2013−1410º
Na rede
https://www.cdmanacor.es/
Facebook: cdmanacor Twitter: cemanacor Instagram: cemanacor Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo

O Club Esportiu Manacor é un club de fútbol español da cidade de Manacor, na illa de Mallorca, Illas Baleares. Foi fundado en 1923 e actualmente xoga na Terceira División Española.

O 23 de xuño de 1923 foi inscrito o FC Manacor como equipo de fútbol e un ano despois incorporábase á Federación Catalá de Fútbol. Durante a década dos anos vinte tivo actuacións moi destacadas no campionato insular.

Ao longo dos anos corenta o CD Manacor converteuse nun dos mellores conxuntos das Illas, gañou o campionato rexional do ano 1945 (contra o Alaior), o de 1946 (contra o Ciutadella) e o de 1949 (tendo como rival o Menorca). Na tempada 1949-50 debutou en Terceira división e na tempada 1957-58 gañou a Copa Uruguai, dada polo cónsul deste país á Federación Balear de Fútbol.

Ata o 1970 o Manacor estivo vinte e unha tempadas consecutivas en Terceira División, salvo o campionato 1955-56, que xogou en Primeira Rexional Preferente. O éxito desta época foi compartido co Atlético Baleares nos diversos campionatos de liga. Os setenta foron anos de crise deportiva para o club enlos que tivo unicamente dúas participacións en Terceira División (1973-74 e 1978-79) con tan mala fortuna que o equipo non puido evitar os descensos consecuentes. Os anos oitenta foron unha época mellor para o club durante a cal conseguiu militar en Terceira División e lograr o seu primeiro ascenso a Segunda B. Nos anos noventa o club logrou dous novos ascensos a Segunda B aínda que en ningunha das ocasións logrou evitar o descenso.

O último ascenso a Segunda B foi na tempada 2010-11. Na tempada seguinte volveu a Terceira División.

  • Uniforme titular: Camiseta branquivermella a franxas verticais, pantalón azul e medias branquivermellas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
Artigo principal: Estadio Na Capellera.

O seu estadio actual é o Estadio Na Capellera, propiedade do concello de Manacor e que dispón dunha capacidade para uns 3.000 espectadores.

Datos do club

[editar | editar a fonte]

Xogadores destacados

[editar | editar a fonte]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]