Born to Run
Born to Run | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Bruce Springsteen | ||||
Publicado | 25 de agosto de 1975 | |||
Gravación | xaneiro de 1974 - xullo de 1975 | |||
Estudio(s) | Record Plant e 914 Sound Studios | |||
Duración | 39:26 | |||
Xénero(s) | heartland rock | |||
Selo(s) | Columbia Records | |||
Produtor | Bruce Springsteen, Mike Appel, Jon Landau | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Born to Run é o terceiro álbum do músico de rock estadounidense Bruce Springsteen, publicado o 25 de agosto de 1975 a través do selo Columbia Records.
Representando os esforzos de Springsteen por entrar no mainstream, Born to Run foi un éxito comercial e de crítica. Chegou ao número 3 da lista Billboard 200, e vendendo seis millóns de copias nos Estados Unidos ata o ano 2000. Publicáronse dous sinxelos do álbum: "Born to Run" e "Tenth Avenue Freeze-Out"; o primeiro axudou a Springsteen a alcanzar a popularidade entre o gran público. Os temas "Thunder Road" e "Jungleland" foron básicos nas radios AOR e nos concertos do músico.
Born to Run colleitou unha ampla aclamación da crítica. As louvanzas centráronse na calidade da produción e no xeito de compoñer de Springsteen, que se centraba na chegada dos adolescentes á idade adulta en Nova Jersey e Nova York. Considerado por moitos o seu mellor lanzamento, Born to Run adoita a ser citado como un dos grandes álbums da historia e foi situado no posto 18 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos".
O 14 de novembro de 2005, publicouse unha edición remasterizada polo seu 30 aniversario formada por unha caixa con dous DVDs: unha película do diario de produción e un concerto.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Cara 1 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Thunder Road" | 4:49 | |||||||
2. | "Tenth Avenue Freeze-Out" | 3:11 | |||||||
3. | "Night" | 3:00 | |||||||
4. | "Backstreets" | 6:30 |
Cara 2 | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Born to Run" | 4:31 | |||||||
2. | "She's the One" | 4:30 | |||||||
3. | "Meeting Across the River" | 3:18 | |||||||
4. | "Jungleland" | 9:34 |