Bomba de cobalto (medicina)
Aparencia
- Para o armamento, véxase Bomba de cobalto (armamento)
A bomba de cobalto[1] (abreviado, BCO) é un aparello de radioterapia empregado para o tratamento dalgunhas doenzas, especialmente diferentes tipos de cancro. A súa denominación provén polo uso de:
- Isótopo radioactivo de cobalto 60 para o tratamento de ditas enfermidades.
- Pistón pneumático (bomba), para o desprazamento do isótopo.
A desintegración acontece segundo a seguinte fórmula:
A vida media deste radionúclido é de 5,27 anos. A blindaxe do cabezal absorbe a radiación beta, polo que esta non é útil. O que interesa é a radiación gamma, cuxa enerxía media é de 1,33 MeV (megaelectronvoltios).
Nos últimos anos as bombas de cobalto veñen quedando obsoletas e sendo substituídas polos aceleradores de partículas, ao seren estes máis precisos.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "TERGAL". Bomba de cobalto. Arquivado dende o orixinal o 17/10/2018. Consultado o 17/10/2018.
- ↑ Azumendi, Eduardo. "Los aceleradores sustituirán a las bombas de cobalto, menos precisas para tratar los tumores.". El País. Consultado o 5 de abril de 2016.