Beulah Louise Henry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBeulah Louise Henry

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1888 Editar o valor em Wikidata
Raleigh, Carolina do Norte, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte26 de febreiro de 1973 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónElizabeth College (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninventora , empresaria Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Henry-10023

Beulah Louise Henry, nada o 11 de febreiro de 1887 en Raleigh, Carolina do Norte e finada o 28 de febreiro de 1973, foi unha inventora estadounidense, alcumada na década dos anos 30 como "Lady Edison" en analoxía aos seus múltiples inventos desenvolvidos.[1][2][3][4]

Entre os seus inventos máis destacados atópanse a máquina de coser sen bobinas e a máquina conxeladora que permitía facer xeados máis rapidamente e cun menor gasto de xeo.[5] Durante a súa vida desenvolveu un total de 49 patentes e 110 inventos.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Beulah filla de Walter R. e Beulah Henry era neta do Gobernador de Carolina do Norte W. W. Holden e descendente directa de Patrick Henry.[6] Entre 1909 e 1912 asistiu á escola presbiteriana de Carolina do Norte e ao Elizabeth College, en Charlotte, Carolina do Norte, onde desenvolveu as súas primeiras patentes.[3]

Carreira como inventora[editar | editar a fonte]

Beulah trasladouse a Nova York en 1924, onde chegou a crear dúas empresas. Ademais, entre 1939 e 1955 traballou como inventora para Nicholas Machine Works así como de consultora para diversas empresas que utilizaron os seus inventos, incluíndo a Mergenthaler Linotype Company e a Compañía Internacional de Bonecas. Durante a súa estancia en Nova York, pertenceu á sociedade científica da cidade.[3]

Inventos[editar | editar a fonte]

Entre a lista parcial de inventos de Henry inclúense os seguintes:[7]

  • Máquina conxeladora para facer xeados (1912)
  • Paraugas con varias cores (1924)
  • Rodete de pelo (1925)
  • Bolsa para paraugas (1925)
  • Umbrella Runner Shield Attachment (1926)
  • Aparello para facer deporte na auga (1927)
  • Boneca Poodle-Dog (1927)
  • Cobertor de bólas (1927)
  • Cobertor de pés (1927)
  • "Dolly Dips" esponxas infantís cheas con xabón (1929)
  • "Miss Illusion" boneca con ollos que podían cambiar de cor e pecharse (1929)
  • Dispositivo Henry de selado para artigos inflables (1930)
  • Válvula Henry para artigos inflables (1931)
  • "Protógrafo" - máquina para realizar catro copias dun documento mecanografado (1932)
  • Máquina de escribir (1936)
  • Máquina de coser de puntada de cadea dobre (1936)
  • Máquina de coser sen bobina (1940)
  • Dispositivo de Alimentación e Aliñación (1940)
  • Costura e método de formar costuras (1941)
  • Aparello de costura (1941)
  • Máquina de escribir a máquina (1941)
  • Dispositivo para producir sons articulados (1941)
  • Duplex Sound Producer (1944)
  • Sobres continuamente unidos (1952)
  • Abrelatas (1956)
  • Sobre de correo directo e de retorno (1962)

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Beulah L. Henry foi incluída no National Inventors Hall of Fame no ano 2006.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "IEEE History Center Biography of Beula Louise Henry". Consultado o 7 de agosto de 2006. 
  2. 2,0 2,1 MIT Inventor of the Week page about Henry
  3. 3,0 3,1 3,2 Autumn Stanley. (1993). Mothers and daughters of invention: notes for a revised history of technology. Scarecrow Press, Rutgers. p. 424. Google Books preview.
  4. "Women Gaining In Patent Rolls." (Aug 11, 1940). New York Times pg. 39. "Women can also boast of a Lady Edison. She is Miss Buela Louise Henry of New York City."
  5. Beulah Louise Henry (1887-1973) Mujeres con ciencia, 31 marzo 2017
  6. Entry for Walter R. Henry, 1910 U.S. Census, Charlotte, North Carolina
  7. "Beulah Henry at about.com". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2012. Consultado o 7 de agosto de 2006. 
  8. "Biography from the National Inventors Hall of Fame". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • A profile of Henry and her inventions is given in Stanley's Mothers and Daughters of Invention (1993, Scarecrow Press; 1995, Rutgers University Press), pp. 351–2,366-7,417, 420-26.
  • Irene Cívico e Sergio Parra (2018). Las chicas son de ciencias. 25 científicas que cambiaron el mundo Penguim Random House. ISBN 978-84-9043-882-4.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]