Benigno Quiroga Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benigno Quiroga Fernández
Nacementoséculo XX
Lugar de nacementoPunxín
Falecemento22 de maio de 1916
Lugar de falecementoIquique
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario e filántropo
editar datos en Wikidata ]

Benigno Quiroga Fernández, nado en Punxín, e finado en Iquique (Chile) o 22 de maio de 1916, foi un empresario e filántropo galego, benfeitor do concello de Punxín.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Escolas da Fundación Benigno Quiroga, 1924.

Emigrou novo a Chile, instalándose na rexión de Iquique. Alí traballou no sector da explotación e comercialización de salitre e enriqueceuse. Foi propietario das salitreiras Iris e Diana, na provincia de Jarapaca, e da sociedade mercantil Astoreca y Quiroga. No seu testamento deixou un legado importante para Punxín: o 15% dos seus bens debían servir para crear e manter un grupo escolar laico en Punxín. Logo da súa morte, a súa viúva Leona Urruticoechea Bilbao creou unha fundación co nome do seu home e un padroado que se ocupou dos trámites. O edificio foi inaugurado en 1923 cun parque de recreo.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Recibiu a Gran Cruz de Beneficencia outorgada polo goberno de Afonso XIII. A súa fundación foi declarada de interese benéfico-docente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]