Barco de vapor Sultana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O lume devasta o Sultana

O Sultana foi un barco de vapor construído en 1863 en Cincinnati que servía no río Mississippi e que foi destruído nunha explosión provocada por unha caldeira en mal estado o 27 de abril de 1865, constituíndo o maior desastre marítimo da historia dos Estados Unidos con 1700 mortos dos 2400 pasaxeiros que levaba a bordo. O Sultana transportaba soldados da Unión procedentes de campos de prisioneiros confederados. Aínda que o barco tiña unha capacidade legal de 376 pasaxeiros e ía sobrecargado de pasaxeiros, o peso era o correcto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barco de vapor Sultana