Bandeira de Andalucía
Bandeira de Andalucía | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 11 de novembro de 1918 |
Cores | Verde Branco |
A bandeira de Andalucía segundo se define no artigo 3.1 do Estatuto de Autonomía de Andalucía[1]
... é a tradicional formada por tres bandas horizontais -verde, branca e verde- de igual anchura, tal coma foi aprobada na Asemblea de Ronda de 1918.
En ambas caras e en situación centrada reprodúcese o Escudo Oficial de Andalucía que ten unha altura de dous quintas partes da anchura da bandeira. Tanto a bandeira coma o himno e o escudo foron adoptados pola Xunta Liberalista de Andalucía na Asemblea de Ronda de 1918, onde proclamouse que en adiante a bandeira de Andalucía consistiría en tres bandas horizontais do mesmo ancho, verde, branca e verde. Blas Infante foi o responsable directo da creación da bandeira, cuxo deseño xustificou polo verde, a cor dos Omeia, e o branco, propio do Imperio Almohade, períodos que desde a súa óptica foron dúas das épocas de maior esplendor do poder político centralizado en Andalucía.
Xunto con este significado histórico coexiste un significado simbólico, que identifica ó verde coa esperanza e o branco coa paz, tal e como se recolle na letra do himno:
La bandera blanca y verde,vuelve tras siglos de guerra, a decir paz y esperanza,
bajo el sol de nuestra tierra.