Bacelo (vide)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bacelo.
O bacelo é o rebento da videira, longo e delgado, do cal agroman as follas, os gabiáns e os acios[1]. Por extensión emprégase o termo noutros cultivos rubideiros coma o kiwi.
Os bacelos, longos, magros e flexíbeis, que agroman cada ano do toro, levan todas as estruturas de crecemento vexetal da planta, é dicir as follas, os gabiáns, as xemas e as inflorescencias que se converterán en acios de bago unha vez chegadas ao seu punto de madureza.[2]
É sobre os bacelos que se efectúa a poda da videira polo inverno, para limitar o seu crecemento e mellorar a produción cualitativa e cuantitativa das uvas.
Desenvolvemento fenolóxico do bacelo
[editar | editar a fonte]-
Desborramento na primavera.
-
Aparición das follas e inflorescencias.
-
Medran os bacelos verdes.
-
Verán: comeza o enxugado dos bacelos.
-
Bacelos enxugados, con uvas xa madurecidas e prontas para a vendima.
-
Videiras polo inverno, con bacelos sen podar.
-
Inverno: bacelos podados en Guyot duplo, con dúas varas.
-
Bacelos podados en Guyot simple, cunha vara e un polgar.
-
Primavera: o bacelo do ano anterior xa é unha vara, ou cargador, do que nacen os novos gomos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC; "Os cultivos agrícolas" en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; e Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
- ↑ Christian Mac Kay. "Anatomía de la vid (Parte 2)". Chile. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2014. Consultado o 17 de abril de 2013.