Axuda:Educación
Esta páxina trata dalgunhas preguntas que profesores e administradores de colexios poden ter sobre o contido de información na Galipedia, e o seu uso polos estudantes.
Introdución
[editar | editar a fonte]A Galipedia, en xeral a Wikipedia, pode ter moios xeitos de utilidade para as actividades escolares. A parte, hai diversas preguntas plantexabéis sobor o papel a desenvolver por unha enciclopedia con licenza que permite reproducir o seu contido na educación regrada. Conceptos como dominio público, GNU, Creative Commons, copyleft, e contribución voluntaria para beneficiar á sociedade poden ser ideas únicas en educación. Coa Wikipedia, os educadores poden investigar novos conceptos educativos baseados na solidariedade, o apoio mutuo e o traballo cooperativo.
É a Wikipedia precisa e fiable?
[editar | editar a fonte]En xeral, si. Estase a desenvolver con rapidez, mellorando de xeito continuo a súa fiabilidade como enciclopedia. E, á medida que medra, ofrece máis temas, máis detallados. Os colaboradores están constantemente comparando o que len co que saben, e corrixen ou amplían os artigos, incrementando así pouco a pouco a súa precisión e profundidade. Ademais, a miúdo os textos iniciais son transcrición ou tradución de outras enciclopedias libres ou de fontes de dominio público, orixe xa depurado que logo actualizan sucesivos editores.
Que evita que alguén faga contribucións erróneas ou confusas?
[editar | editar a fonte]Nada. Calquera pode ir a case calquera páxina e modificala introducindo información incorrecta, e aínda crear un novo artigo con contido constituído por mentiras ou medias verdades.
Porén, esa información falsa ou incorrecta non permanecerá na Wikipedia moito tempo. Moitos usuarios rastrexan as listas de contribucións (especialmente as de artigos que poden resultar polémicos) e borran ou reverten axiña as achegas que evidentemente sexan erróneas. Por unha beira, moitos usuarios comproban os cambios recentes, sobre todo os de usuarios anónimos; por outra, os usuarios rexistrados contan cunha «Lista de seguimento» na que aparecen rexistradas as modificacións dos artigos que antes seleccionara o usuario. É común que unha entrada se atope na «Lista de seguimento» de varios colaboradores. Se un usuario anónimo ou un usuario relativamente novo cambia algún dato sen xustificalo, é probable que provoque alarma.
Pero a Wikipedia, como calquera cousa construída por humanos, non é perfecta. Case con toda certeza pode dicirse que hai información incorrecta, nalgún lugar non identificado aínda. Polo tanto, se estás a usar a Wikipedia para unha investigación ou para un traballo escolar, sempre deberas verificar a información contrastándoa con outra fonte, tal como se debera facer en calquera outro caso.
Poden os estudantes citar Wikipedia nas súas tarefas escolares?
[editar | editar a fonte]Depende do criterio do profesor. A mellor política de referencia bibliográfica en calquera texto é ter máis dun recurso de consulta. A Galipedia pode ser un lugar excelente para empezar a buscar información. Os profesores poderían preguntar aos alumnos que fixeron para verificar a información que consultaron en Wikipedia. Mediante buscadores como Google, os estudantes poden comparar facilmente os contidos de Wikipedia coa información doutras páxinas web educativas. Os estudantes tamén poden comparar a información na versión de Wikipedia nun idioma coa información que haxa noutra versión de Wikipedia, así como tamén se pode comparar con outras enciclopedias como a 'Enciclopedia Libre' ou libros. Ademais, a maior parte dos nosos mellores artigos teñen seccións por exemplo «referencias», «bibliografía de consulta» ou «ligazóns externas» que normalmente conteñen información que permite acceder a máis fontes.
Cando o estudante desexe coñecer a autoría dos artigos, pode dirixirse ao «historial» do artigo, onde aparecen recollidas as ligazóns ás páxinas dos usuarios que contribuíron ó mesmo. No historial tamén se pode comparar as distintas achegas co fin de saber quen contribuíu con determinadas partes do artigo. Ademais, existe un rexistro das contribucións de cada usuario accesible desde unha ligazón na páxina particular de cada usuario. Cada usuario, ademais de ter a súa páxina persoal onde pode expoñer as súas preferencias ou presentarse á comunidade, ten unha páxina de discusión persoal onde se lle pode deixar mensaxes. Estas funcións pódenas empregar os alumnos para comunicarse con calquera usuario. Ademais, se se rexistra o estudante, pode enviar unha mensaxe electrónica a outros usuarios mediante unha ligazón que hai no lateral.
Pode un colexio montar a súa propia Wiki?
[editar | editar a fonte]Si. Wikipedia e outros proxectos Wiki funcionan grazas á aplicación informática MediaWiki, creada baixo licenza GNU GPL, o que implica que toda persoa está autorizada a usar a aplicación. Require de alguén cos coñecementos necesarios para instalar MediaWiki nun servidor e poñela en funcionamento.
O acceso a unha base de datos Wiki pode protexerse por contrasinal. As contrasinais permiten que unha Wiki poida ser unha base de traballo para un club académico, un grupo de profesores, unha agrupación de colexios ou calquera entidade dentro da comunidade educativa. Pode usarse para incluír os historiais dos colexios, para crear contidos académicos para un proxecto de clase ou aínda para crear alternativas ou complementos ós libros de texto. Un proxecto Wiki pode funcionar tanto en internet como en rede local de ordenadores.
Existe algún proxecto educativo que use o sistema wiki?
[editar | editar a fonte]Si, existen (por exemplo) un proxecto chamado Gleducar que usa mediawiki para compartir contidos e material didáctico entre docentes, ou outro, Wikilearning, para poñer cursos diversos a disposición dos visitantes, ou un terceiro sobre Feiras de ciencia. E multitude de wikis internas na intranet de centros educativos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outras páxinas
[editar | editar a fonte]- Wikipedia:Wikiproxecto A Galipedia na aula
- Wikipedia:A Galipedia, unha ferramenta para a aprendizaxe e o ensino (presentación)
- Wikipedia:Centros de ensino
En Wikimedia
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Proxectos
[editar | editar a fonte]Artigos
[editar | editar a fonte]- Teaching, Learning, and Other Uses for Wikis in Academia (en)
- páginas web para el correcaminos (es)
- Using MediaWiki to Build a “normal” Website (en)
Webs con ligazóns
[editar | editar a fonte]- Some ideas for using Wiki in classroom (en)
- Matadejonc (cat) (de onde se tomaron boa parte dos enlaces desta páxina)
Sitios web
[editar | editar a fonte]
Volver á páxina de axuda. |