Saltar ao contido

Autódromo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Autódromo José Carlos Pace visto desde unha tribuna

Un autódromo é un circuíto de carreiras de superficie ríxida, como asfalto ou formigón, deseñado especificamente para competicións automobilísticas e motociclísticas. Distínguense dos circuítos semipermanentes, que se utilizan para competencias durante un período de tempo limitado, como é o caso de circuítos situados en rúas ou estradas públicas e en aeroportos.

Ao estar feitos "a medida", as zonas de escape son máis amplas e a pista adoita ser menos angosta e rugosa que en circuítos semipermanentes, o cal implica unha maior seguridade en caso de accidentes. Outra vantaxe con respecto a outros tipos de circuítos son as instalacións para o público, que inclúen servizos hixiénicos e médicos, tribunas e estacionamentos, e nalgúns casos tamén hoteis e restaurantes.

Os grandes premios de Fórmula 1 disputouse case sempre autódromos, salvo o Gran Premio de Mónaco e grandes premios puntuais. As carreiras de turismos, gran turismos e monoprazas tamén utilizan na súa maioría autódromos.

Referencias

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]