As mozas do radio
As mozas do radio[1][2] (en inglés: Radium Girls) foi o nome outorgado a un grupo de traballadoras que sufriron envelenamento por radiación ao recubrir as esferas dos reloxos que fabricaban cunha pintura baseada no radio utilizada na fábrica United States Radium Corporation en Orange, Nova Jersey, no ano 1917.
Miles de empregadas pasaron polas dependencias da fábrica durante a Primeira guerra mundial, xa que os reloxos luminescentes eran de grande utilidade porque os soldados podían consultar a hora tamén pola noite. Máis tarde, fixéronse moi populares entre a poboación civil, tendo a empresa que contratar máis persoal e sendo así máis a cantidade de persoas afectadas polo envelenamento.
As rapazas, ás que se lles dixo que a pintura era inofensiva e descoñecedoras do risco que corrían, tiñan como costume chupar as sedas dos pinceis que usaban para afinalos e así pintar con maior precisión, ademais á parte disto tamén se adoitaban pintar as uñas ou os dentes a modo de pequena broma para posteriormente apagar a luz e deixar sorprendida á xente coa luminiscencia que emanaba das súas bocas.
Problemática e solución
[editar | editar a fonte]Máis tarde empezaron a chegar os problemas, unha das primeiras en advertilo foi Amelia Maggia cando anos despois de traballar para esa empresa empezáronselle a caer os dentes sen motivo aparente afectándose de terribles dores tamén na súa mandíbula. Varios médicos tras analizala estableceron unha clara relación entre os seus síntomas e o seu anterior emprego, co cal tentou localizar aos seus excompañeiras para informalas, pero non puido atopar máis que a tres xa que a maioría atopábanse na última fase da enfermidade ou xa falecidas.
Cinco das mulleres levaron a xuízo ao seu xefe, o que non lles resultou nada fácil xa que a empresa tiña moitos contactos con poder na xudicatura e estes afanáronse en atrasar todo o posible o asunto, pero ao final chegaron a un acordo por unha indemnización xusta para as súas doenzas.
Despois destes sucesos no Congreso dos Estados Unidos votouse unha resolución a favor onde se estableceron os dereitos dos empregados que contraen enfermidades laborais. como as mozas de pouca prata non podían pagar un avogado, un dos avogados ofreceuse a axudalas sen cobrarlles, ninguén lles creu ata que por fin morreu un home. Decidiron inspeccionar o corpo da primeira morte e sorprendéronse ao ver que o seu corpo aínda estaba a brillar polo tóxico elemento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alonso, Ismael (13 de marzo de 2013). "Las chicas del radio" (programa de radio). Madrid: Corporación de Radio y Televisión Española. Consultado o 28 de xullo de 2014.
- ↑ Redacción (6 de setembro de 2011). "La historia de las 'chicas del radio'". Voz de América. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2014. Consultado o 28 de xullo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Radium Girls no blog Mujeres con Ciencia
- Undark and the Radium Girls, por Alan Bellows.