Arcos da Condesa, Caldas de Reis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arcos da Condesa
Igrexa parroquial.
ConcelloCaldas de Reis[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°34′45″N 8°37′57″O / 42.57916667, -8.6325Coordenadas: 42°34′45″N 8°37′57″O / 42.57916667, -8.6325
Poboación439 hab. (2013)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Mariña de Arcos da Condesa é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Caldas de Reis na comarca de Caldas, ademais dunha das nove entidades locais menores de Galiza. Segundo o padrón municipal en 2013 tiña 439 habitantes (214 homes e 225 mulleres), 15 máis ca en 2004 e 30 menos ca en 1999. Ten nove entidades de poboación.

Debe o seu nome á condesa Munia, filla de Froila Vermúdez, que viviu no lugar de Marán[2]. Durante o Antigo Réxime foi un couto, aínda que non chegou a ser concello propio no momento da configuración dos concellos constitucionais.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Arcos da Condesa[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Arcos da Condesa no concello de Caldas de Reis (Pontevedra)

O Ameal | A Arosa | Badoucos | Ceboleira | Foxacos | Marán | Penalta | San Martiño | Valsordo

Parroquias de Caldas de Reis[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Caldas de Reis

Arcos da Condesa (Santa Mariña) | Bemil (Santa María) | Caldas de Reis (San Tomé e Santa María) | Caldas de Reis (Santa María) | Carracedo (Santa Mariña) | Godos (Santa María) | Saiar (Santo Estevo) | San Clemente de Cesar (San Clemente) | Santo André de Cesar (Santo André)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]