Saltar ao contido

Arabia Terra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arabia Terra
Unha vista oblicua de Arabia Terra feita pola Mars Global Surveyor
Tipo de rexión Terra
Rexión de Marte
Diámetro 5100 km[1]
Coordenadas 23° N 355° O[1]

19,79° N 30° E (geohack, coor. polo leste)

Procedencia do nome Península arábiga.[1]

Arabia Terra é unha extensa e elevada rexión do norte de Marte e descansa na súa meirande parte dentro do cuadrángulo Arabia. Está densamente craterizada e fortemente erosionada. Esta topografía accidentada indica que é unha rexión moi vella, de feito pénsase que é un dos terreos máis vellos de Marte. Acada uns de 5100 km de longo e esta centrada nas coordenadas 19,79 N 30 E para o geohack e a 23° N 355° O [1] para o USGS (seguramente a diferenza só se debe a un erro no centrado da rexión), coas rexións do leste e sur elevadas 4 km por riba das rexións do norte e oeste. O longo desta rexión existen moitos cráteres, canons, dos cales moitos van morrer rexións baixas do norte do planeta, a cales bordean a Arabia Terra polo norte da mesma.

As capas do cráter Tikonravev en Arabia, visto dende a Mars Global Surveyor (MGS). Algúns científicos pensan que no pasado este cráter albergou un gran lago.
Cráter no bordo do gran cráter Cassini, visto pola sonda HiRISE. As capas do bordo puidéronse depositar polo efecto da auga, xa que se pensa que Cassini unha vez contivo un gran lago.

Arabia conten moitos accidentes xeolóxicos interesantes. Existen bos exemplos de cráteres de tipo pedestal nesta rexión. Este tipo de cráteres (e o seu material expulsado) están elevados sobre os terreos circundantes, moitas veces os seus bordos acaban en cantís e precipicios. O material expulsado na creación do cráter forma unha capa dura e resistente que protexe o material cuberto da erosión.[2] En moitas destas capas existen outeiros e/ou petoutos illados. Esta capas tamén poderían estar formadas por procesos volcánicos, polo vento o polo depósitos feitos por auga do subsolo.[3][4] Unhas Franxas Acantiladas Escuras foron observadas en Tikhonravov Basin, un gran cráter erosionado. A franxas aparecen na parte horizontal dos cantís (no seu chanzo) e cambia de aspecto co paso do tempo. Ó comezo son escuros, entón van cambiando a unha cor máis clara, probablemente coma consecuencia do po fino e de cor clara que provén da atmosfera.[5] Pensase que estas franxas se forman cando o po se move cara a abaixo polos cantís, de xeito semellante as avalanchas de neve montaña abaixo que acontecen na Terra.[6]

Arabia Terra foi bautizada no 1979, seguindo unha clásica designación baseada nas características do albedo dun mapa feito por Giovanni Schiaparelli, o cal tomou o nome da península Arábiga terrestre.

Unha investigación da rexión realizada en 1997 definiu moito mellor a individualidade da rexión.[7] Constatouse un cinto ecuatorial cun cráter dunha idade distintivamente máis tardía que na parte setentrional da rexión e da Noachis Terra que fica ó sur. Isto foi interpretado coma un sistema incipiente de arcos provocados pola subdución das terras baixas marcianas que están baixo Arabia Terra durante a Era Noeica. Os patróns das fracturas da rexión son tamén explicables do mesmo xeito, e a inestabilidade rotacional do planeta non é causa suficiente para a súa explicación.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 USGS Astrogeology (ed.). "Arabia Terra on Mars". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 21-03-2011. 
  2. http://hirise.lpl.arizona.edu/PSP_008508_1870
  3. http://hirise.lpl.arizona.edu/PSP_009008_1915
  4. http://hirise.lpl.arizona.edu/PSP_004434_1885
  5. http://hirise.lpl.arizona.edu/PSP_007531_1935
  6. http://hirise.lpl.arizona.edu/PSP_006569_1915
  7. Francisco Anguita; Jorge Anguita, Gabriel Castilla, Miguel Angel de La Casa, José María Domínguez, Raquel Herrera, Pilar Llanes, Mónica López, Vicente Martínez, (1997). "Arabia Terra, Mars: Tectonic and Palaeoclimatic Evolution of a Remarkable Sector of Martian Lithosphere". Physics and Astronomy 77 (1): 55. doi:10.1023/A:1006143106970. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2019. Consultado o 21 de marzo de 2011.  |archiveurl= e |urlarquivo= redundantes (Axuda); |archivedate= e |dataarquivo= redundantes (Axuda); |deadurl= e |urlmorta= redundantes (Axuda); |accessdate= e |data-acceso= redundantes (Axuda)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]