Apollo-Soyuz Test Project

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Representación artística da Soyuz 19 e a Apolo 111 acopladas en órbita.

O Apollo-Soyuz Test Project (Proxecto de Probas Apolo-Soyuz) foi a primeira misión espacial tripulada internacional, levada a cabo pola Unión Soviética e os Estados Unidos, e durante a cal a Soyuz 19 e a Apolo 111 permaneceron unidas en órbita.

Características[editar | editar a fonte]

A misión, que tivo lugar despois de que os Estados Unidos gañaran a carreira cara a Lúa, servíu para achegar politicamente ás dúas superpotencias. Previamente descartouse unha misión na que estivesen implicadas as estacións espaciais Skylab ou Salyut. Para o acoplamento entre as dúas naves construíuse un adaptador especial que pretendía funcionar como sistema de axuda entre naves en caso de que unha misión de calquera dos dous países estivera en perigo no espazo.

Os primeiros contactos para o que sería o xerme da misión tiveron lugar en 1969 e en outubro de 1970 estableceuse un grupo de traballo que conseguiría que en maio de 1972 se firmase un acordo para que a misión tivera lugar en 1975.

O 15 de xullo despegou a nave Soyuz 19 con Leonov e Kubasov a bordo, e unhas horas despois a Apolo 111, con Vance Brand, Deke Slayton e Thomas Stafford a bordo. Durante o día seguinte as naves manobraron nas súas respectivas órbitas para ir achegándose, ata que ás 11:10 GMT do 17 de xullo as dúas naves acopláronse. Stafford pasou 7 horas e 10 minutos na Soyuz, e Brande e Slayton 6 horas 30 minutos e 1 hora e 35 minutos respectivamente, mentres que Leonov pasou na nave Apolo 5 horas e 43 minutos e Kubasov 4 horas e 57 minutos.

Stafford e Leonov danse o histórico apretón de mans despois de abrir a esclusa entre as naves.

Tras case 44 horas unidas as naves desacopláronse para facer un experimento no que a Apolo alonxouse uns 50 metros e tapou o Sol desde o punto de vista da Soyuz para que esta puidese fotografiar a coroa solar, despois do cal as naves volvéronse a acoplar. Tres horas despois desacopláronse definitivamente, manténdose un rato a 40 m de distancia entre elas para facer un experimento de observación no ultravioleta. A partir de entón cada nave seguiu a súa misión por separado, facendo diversos experimentos.

A nave Soyuz 19 tomou terra o 21 de xullo de 1975 ás 10:51 GMT sen novedade a 87 km de Arkalyk.

A nave Apolo amerizou o 24 de xullo de 1975 ás 21:18 GMT a 7,3 km do buque New Orleans. Debido a un fallo da cápsula, unha vez na atmosfera, o interior veuse inundado de gases procedentes dos conductos de propelente, case afogando á tripulación, que unha vez no mar conseguíu ventilar a cabina e que lles costou un par de semanas de ingreso hospitalario.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]