Anverso
Aparencia
Anverso[1] (do latín anteversus, composto de ante, diante, e versus, volto) é a cara ou face que se considera principal nas moedas e medallas por levar o busto ou efixie do rei, príncipe, persoa, divisa ou alegoría. É o contrario de reverso.
Por extensión, tamén se chama anverso á cara principal de por exemplo un sobre ou un papel notarial numerado, etc.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Anverso.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anverso |