Saltar ao contido

Aneirin Karadog

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAneirin Karadog
Biografía
Nacemento11 de maio de 1982 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Llanelwy Editar o valor en Wikidata
ResidenciaKerlouan (en) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaGales Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Musicbrainz: f237dbc6-6e4b-41e4-9dcb-ca36150d21a6 Discogs: 1973077 Editar o valor en Wikidata

Aneirin Karadog, nado o 11 de maio de 1982 en Lanelwy,[1] é un presentador, cantante e poeta galés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De pai galesofalante e nai bretoa, naceu no norte de Gales aínda que pasou a maior parte da infancia en Pontypridd, localidade próxima a Cardiff. Estudou lingua francesa e castelá na Universidade de Oxford. Traballou durante un tempo na organización de promoción do galés, Menter Iaith, en Rhondda Cynon Taf e desde 2005 desenvolveu a súa actividade profesional na produtora televisiva Tinopolis, con colaboracións nos programas Wedi 7 , Heno e Sam Ar y Sgrin de S4C e actuou no programa infantil da mesma emisora, Y Barf.

Gañou o Urdd Eisteddfod en 2005 e apareceu no volume colectivo, Crap Ar Farddoni con outros poetas novos: Catrin Dafydd, Hywel Griffiths, Eurig Salisbury e Iwan Rhys. En 2012 publicou deu ao prelo o seu primeiro libro individual: O Annwn i Geltia .[2] que logrou o premio ao mellor libro de poesía en galés do ano.[3] Foi membro do grupo de hip hop Genod Droog (2005-2008) e do dúo Y Diwygiad, colaborando tamén en álbums doutros grupos: Llwybr Llaethog, Cofi Bach e Tew Shady En marzo de 2012 foi un dos creadores e o presentador de Aneirin Bx3, un espectáculo poético infantil en colaboración con Eurig Salisbury, Catrin Dafydd e Llyr Barmouth.[4] En 2016 gañou o Eisteddfod Nacional.[5]

  • Crap ar Farddoni (Gwasg Carreg Gwalch, 2006)
  • O Annwn i Geltia (Barddas, 2012)
  • Agor Llenni'r Llygaid (Gwasg Gomer, 2015, poemas para nenos)
  • Bylchau (Cyhoeddiadau Barddas, 2016)
  1. Arquivado 23 de agosto de 2016 en Wayback Machine. Aneirin Karadog. Rhestr Awduron Cymru Literature Wales
  2. Gwybodaeth Lyfryddol gwales.com
  3. Arquivado 15 de abril de 2016 en Wayback Machine. Ficha en Literature Wales
  4. www.celfcymru.org.uk; Arquivado 30 de xullo de 2021 en Wayback Machine. www.celfcymru.org.uk ]
  5. "Aneirin Karadog is the chaired bard at the 2016 National Eisteddfod", Daily Post, 6 de agosto de 2016

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]