Saltar ao contido

Andreas Widhölzl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndreas Widhölzl

(2006) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de outubro de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
St. Johann in Tirol, Austria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso64 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsaltador de esquí Editar o valor en Wikidata
DeporteSalto de esquí Editar o valor en Wikidata
Participou en
2006Salto de esqui nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2006 - Pista longa por equipes (pt) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
febreiro de 2002Xogos Olímpicos de Inverno de 2002
1998ski jumping at the 1998 Winter Olympics – large hill team (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1998ski jumping at the 1998 Winter Olympics – normal hill individual (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica) Editar o valor en Wikidata
Premios

Andreas Widhölzl, nado o 14 de outubro de 1976 en St. Johann in Tirol, coñecido co sobrenome de Swider, é un saltador de esquí austríaco activo de 1997 a 2008.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Widhölzl é membrto do SC Fieberbrunn. Participou por vez primeira nunha Copa do Mundo na tempada 1992/93 e nese ano foi terceiro no mundial xuvenil por equipos en trampolín curto. En 1997 obtivo a súa primeira vitoria nunha Copa do Mundo. Nas olimpiadas de Inverno de Nagano de 1998 levou dúas medallas de bronce en trampolín curto individual e por equipos.

A súa mellor tempada foi a 1999/2000 na que se adxudicou o Torneo dos Catro Trampolíns, gañou a prata nos Mundiais de Salto de Esquí e foi segundo na clasificación xeral da Copa do Mundo. No Mundial de Esquí Nórdico de 2005 foi un dos compoñentes do cuarteto que conseguiu o outro para Austria tanto no trampolín HS100 como o HS137. No ano 2005 estableceu o novo récord de trampolín en Holmenkollen, Oslo con 134 metro. Algúns días despois, no trampolín de Planica en Eslovenia saltou ata os 234,5 metros, pero non foi homologado como novo récord do mundo.

Nos mundiais de salto con esquí de 2006, en Kulm en Austria gañou a prata na competición individual. Nas Olimpiadas de Turín de 2006 resultou campión olímpico na competición por equipos. Retirouse ó remate da tempada 2007/2008.