Saltar ao contido

Ana Urchueguía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAna Urchueguía
Nome orixinal(es) Ana María Urchueguía Asensio Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de outubro de 1952 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Donostia, España Editar o valor en Wikidata
Senadora de España
9 de xuño de 1993 – 23 de xaneiro de 1996
Circunscrición electoral: Gipuzkoa (en) Traducir
Xuntas Xerais de Guipúzcoa
4 de xullo de 1987, 2 de xullo de 1999 – 16 de xullo de 1994, 23 de xaneiro de 2001
Circunscrición electoral: Donostialdea
Alcaldesa de Lasarte-Oria
15 de febreiro de 1986 – 1 de marzo de 2010 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de

Ana María Urchueguía Asensio, nada en Donostia o 9 de outubro de 1952, é unha política vasca de ideoloxía socialdemócrata. Foi a primeira Alcaldesa de Lasarte-Oria tras a súa constitución como concello independente en 1986 Durante tres lexislaturas foi xunteira nas Xuntas Xerais de Guipúscoa. Foi senadora durante a V Lexislatura. Tamén foi Delegada do País Vasco en Chile e o Perú de 2010 a 2013.

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

Con 27 anos, ocupou o seu primeiro cargo institucional como concelleira no concello de Hernani nas primeiras eleccións municipais democráticas, naquela época, gran parte do actual concello de Lasarte-Oria pertencía ó termo municipal de Hernani.

O 31 de xaneiro de 1986, as Xuntas Xerais de Guipúscoa aprobaron constituír o municipio de Lasarte-Oria, segregando parte dos termos municipais de Hernani, Andoain e Urnieta. A Deputación Foral de Guipúscoa nomeou unha comisión encabezada por Ana Urchueguía para que gobernase o novo municipio até as seguintes eleccións municipais. Finalmente a política socialista gobernou durante 24 anos despois de gañar seis eleccións seguidas.

Durante a súa traxectoria como alcaldesa sufriu de preto a violencia de ETA, especialmente cando o seu compañeiro de partido e primeiro tenente alcalde Froilán Elespe foi asasinado pola banda armada o 21 de marzo de 2001.

No 2010, renunciou ó seu cargo de alcaldesa ó ser nomeada Delegada do País Vasco en Chile e Perú, cargo do que cesou en 2013 tras ser desaloxado o seu partido, o PSE, do Goberno Vasco.[1][2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]