American Chopper
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2013.) |
American Chopper | |
---|---|
Mikey (á esquerda), Senior e Paulie Teutul na presentación da "Patriot Chopper" | |
Xénero | Reality Show |
Formato | Documental |
Intérpretes | Paul Teutul (pai) Paul Teutul (fillo) Michael Teutul (fillo) Rick Petko (metal) Jason Pohl (deseñador) Vincent DiMartino (mecánico) Jim "JQ" Quinn (técnico) Cody Connelly (bolseiro) Mike Ammirati (mecánico) |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | seis |
Episodios | 165 |
Produción | |
Produtor(es) | Pilgrim Films & Television |
Localización(s) | Newburgh, Nova York |
Duración | 42 minutos |
Distribuidor | Debmar-Mercury |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Discovery Channel (2003–2007) TLC (2008–2010) |
Formato de imaxe | 1080i (HDTV) |
Primeiro episodio | 31 de marzo de 2003 |
Derradeiro episodio | 11 de febreiro de 2010 |
Cronoloxía | |
Seguido por | American Chopper: Senior vs Junior |
Na rede | |
http://dsc.discovery.com/fansites/amchopper/amchopper.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
American Chopper é unha serie de televisión en formato reality documental sobre a empresa familiar dos Teutul: Orange Country Chopper (OCC) que fabrica motos no estado de Nova York, condado de Orange. A serie é emitida por Discovery Channel e está producida por Pilgrim Films & Television.
Os protagonistas
[editar | editar a fonte]A serie baséase na familia Teutul e a súa empresa Orange Country Chopper.
Pai | Fillo | Fillo |
---|---|---|
Paul Teutul | Paul Teutul | Mikey Teutul |
Nos inicios a empresa estaba formada tamén polo terceiro fillo de Teutul e era unha empresa metalúrxica. Esta empresa quedou no negocio do traballo co metal en xeral e fóra da serie aínda que ten aparecido nalgún dos episodios. OCC foi nos seus inicios un obradoiro de motos no garaxe de Teutul pai ao cal se foron incorporando máis persoas, algunhas das cales aparecen na serie e outras son só empregados do obradoiro e a tenda.
- Paul Teutul é o fundador, propietario e director da empresa. Nos inicios só traballaba no obradoiro. Un pequeno negocio mecánico que evolucionou coa súa afección polas motos. Agora fai funcións de dirección, supervisión e faise cargo do contacto cos clientes. Tamén se adicar a meter presión no traballo e lembrar os curtos prazos que hai para rematar o traballo.
- Paul Teutul (fillo) é o mecánico e construtor das motos. Fai funcións de xefe de obradoiro pero sempre supeditado ao seu pai que dirixe tódolos aspectos do negocio e ten a última palabra en todo. Parte da empresa é de seu.
- Mikey Teutul non ten función fixa na empresa, nalgún episodio tense barallado a posibilidade de darlle algún posto con funcións e contrato pero a falta de continuidade e non ser quen de centrarse rematan facendo as súas participacións esporádicas e a ser un xeito de rapaz gracioso que tenta mediar nas liortas familiares e como axudante a manter un ambiente soportable na empresa.
- Vinnie (Vincent DiMartino) é unha das primeiras incoporacións da empresa. Foi traído á empresa por Teutul fillo. Fai de mecánico, electricista, axuda no deseño e traballa en tódolos proxectos. Nos inicios era un traballador máis. Foi aprendendo no obradoiro o traballo. As súas funcións son en moitas ocasións facer de colchón entre as constantes liortas familiares sen entrar en ningunha e manterse nun nivel o máis profesional posible. En 2007 deixou a serie sen moitas explicacións, parece ser que por motivos persoais e pola presión do traballo. Posteriormente volveu á serie cando Teutul fillo abriu o seu propio negocio deixando OCC. Referíndose a el entón Teutul pai declarou que fora botado de OCC.
- Ricky (Richard Petko) é o mecánico especialista en traballo co metal. En moldeado de chapa e soldadura. Tenta manterse á marxe das liortas familiares. Ten unha estética simiar á de Teutul pai pero máis profesional.
- Jason (Jason Gabriel Pohl) é o deseñador da empresa. Incorporado á empresa para plasmar as ideas de deseño de Teutul fillo e facer de enlace cos clientes. O seu traballo é o de achegar ideas gráficas e estéticas, non de deseño técnico nin para a produción. Foi incorporado ao proxecto despois de que varios clientes rexeitasen as motos xa feitas por non ser como eles desexaban. Dende entón os proxectos deben ser primeiro deseñados, logo amosados aos clientes para a súa aprobación e finalmente construídos segundo as especificacións.
- Jim "JQ" Quinn, é o técnico da empresa. Encárgase da maquinaria programable (CNC) e fai funcións de enxeñeiro. O seu labor foi necesario ao incorporar maquinaria de corte por chorro de auga e ao ter que facer na empresa traballos cada vez máis complexos que deixaron de subcontratarse.
- Cody (Cody Connelly) foi un xove bolseiro que saíu nalgúns episodios (entón tiña 19 anos). Viña a ser como o protexido do taller ao que todos tentaban axudar, integrarse e aprender a profesión. Terminou deixando a empresa por diversas inadaptacións cos protagonistas e por non encaixar coa produtora.
Historia
[editar | editar a fonte]Nos inicios a produtora buscou varias empresas do sector. Pequenas empresas, coas que se rodaron episodios piloto. Ao final elixiron OCC. Como explicaron na produtora, OCC encaixaba como empresa familiar, a estética, o ambiente no traballo (dende o inicio con constantes liortas) e a personalidade de Teutul pai, un vello moteiro metido a empresario cheo de tatuaxes.
No primeiro episodio emitido xa se vía a constante tensión no traballo. E iso foi o que emitiron. Teutul pai ten contando como ao ver o primeiro episodio pensara en coller un avión e presentarse na produtora para mallar a alguén. A boa acollida da serie terminou xustificando o enfoque que foi aceptado polos que participan nela.
Esa constante tensión no traballo, a presión da produción, as viaxes por todo o mundo para promocionar o traballo deron co enfrontamento final entre Teutul pai e fillo. Tras botar os cámaras da empresa para discutir co seu pai e acusalo de quedar cos cartos da empresa (Teutul pai ten o 80% da empresa e o fillo o 20%) Teutul fillo deixou a empresa. Despois dun ano do fin da cláusula de non competencia, Paul fillo abriu a súa propia empresa de deseño de motocicletas en abril de 2010 (Paul Jr. Design). TLC emitiu unha sétima tempada titulada American Chopper: Senior vs Junior na que se amosan os deseños das dúas empresas e a competencia nalgún caso sucia entre elas.
Tempadas
[editar | editar a fonte]Tempadas | Episodios | Primeira emisión | |
---|---|---|---|
Inicio | Final | ||
Pilotos e Especiais | 18 | 29 de setembro de 2002 | - |
Primeira | 15 | 31 de marzo de 2003 | 15 de decembro de 2003 |
Segunda | 23 | 14 de xaneiro de 2004 | 6 de decembro de 2004 |
Terceira | 20 | 31 de xaneiro de 2005 | 24 de outubro de 2005 |
Cuarta | 37 | 9 de xaneiro de 2006 | 18 de outubro de 2007 |
Quinta | 26 | 17 de xaneiro de 2008 | 30 de outubro de 2008 |
Sexta | 26 | 9 de abril de 2009 | 11 de febreiro de 2010 |
Total | 165 | 29 de setembro de 2002 | 11 de febreiro de 2011 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- American Chopper na IMDb (en inglés).