Alex English
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 5 de xaneiro de 1954 Columbia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Residencia | Carolina do Sur Columbia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Educación | Universidade de Carolina do Sur Dreher High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 201 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 86 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | baloncestista, adestrador, adestrador de baloncesto, actor | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1976 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Membro de | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Convocado por | Milwaukee Bucks | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Alexander English, nado o 5 de xaneiro de 1954 en Columbia, Carolina do Sur, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense da década dos oitenta e o actual adestrador asistente dos Toronto Raptors da National Basketball Association (NBA). Foi o máximo anotador da década de 1980 con 19.682 puntos.
Xogaba na posición de aleiro, e destacou sobre todo no aspecto anotador. Toda a súa carreira profesional transcorreu na NBA, salvo o último ano, que o fixo na LEGA italiana. Oito veces All-Star, o seu dorsal 2 foi retirado polos Denver Nuggets, e foi eleixido para formar parte do Basketball Hall of Fame.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]A súa vida universitaria transcorreu na súa terra natal, na Universidade de Carolina do Sur, onde fixo en catro anos 17,8 puntos e 9,6 rebortes por partido. Foi titular do seu equipo en todos e cada un dos 111 partidos que disputou como colexial, e converteuse no máximo anotador de toda a historia da súa universidade. A súa camiseta co número 22 foi retirada en homenaxe á súa traxectoria.
Profesional
[editar | editar a fonte]Foi elixido na sexta posición da segunda rolda (23º total) do Draft da NBA de 1976 polos Milwaukee Bucks, onde apenas dispuxo de minutos de xogo, e non puido demostrar a súa valía. Foi traspasdo aos Indiana Pacers, onde en apenas tempada e media fíxose un nome na liga, e comezou a despuntar, terminando de facelo nos Denver Nuggets, onde ao longo de dez tempadas liderou sempre ao seu equipo en anotación, e conseguiu ser o máximo anotador da NBA na tempada 1982-83. Acabou a súa carreira en Italia, no Depi Napoli, onde xogou 18 partidos, promediando, aos seus 38 anos, 13,9 puntos e 4,8 rebotes por partido. As súas estatísticas tras 15 tempadas na NBA foron de 21,5 puntos e 5,5 rebotes.
Equipos
[editar | editar a fonte]Logros persoais
[editar | editar a fonte]- Elixido no segundo mellor quinteto da NBA en tres ocasións.
- Elixido para o All-Star Game en 8 ocasións.
- Máximo anotador da NBA en 1983.
- Máximo anotador da década dos 80, con 19 682 puntos.
- Primeiro xogador da historia en anotar máis de 2 000 puntos en oito tempadas consecutivas.
- A súa camiseta co número 2 foi retirada por Denver como homenaxe.
- Membro do Basketball Hall of Fame dende 1997.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores dos Milwaukee Bucks
- Xogadores dos Indiana Pacers
- Xogadores dos Denver Nuggets
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Bucks
- Escoltas de baloncesto
- Membros do Salón da Fama da NBA
- Nados en 1954
- Nados en Columbia, Carolina do Sur