Alahis
Aparencia
(Redirección desde «Alachis II de Brescia»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século VII Geographical region of Italy (en) |
Morte | 689 (Gregoriano) Cornate d'Adda, Italia (pt) |
Causa da morte | morte en combate, morto en combate |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata, monarca |
Outro | |
Título | Rei dos longobardos (688–689) |
Alahis (ou Alagis) foi un duque ariano de Trento e Brescia antes de se converter en rei dos longobardos despois do éxito da súa rebelión en 688. Con todo, non gobernou moito tempo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa primeira rebelión contra o rei Perctarito fracasara, pero o rei capturouno, perdoouno e soltouno. Volveuse rebelar en 688 cando Cuniperto, o fillo de Perctarito, o sucedeu. Forzou a Cuniperto a se exiliar nunha illa no medio do Lago de Como, pero o seu goberno foi gravoso e tiránico, e perdeu o apoio do pobo. Finalmente, en 689, Cuniperto levantouse cos homes do Piemonte e derrotou a Alahis e os homes de Venecia na Batalla de Coronate, nas beiras do Río Adda, nas proximidades de Lodi. Foi vencido e morto na batalla.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gwatkin, H. M., Whitney, J.P. (ed.) The Cambridge Medieval History: Volume II—The Rise of the Saracens and the Foundations of the Western Empire. Cambridge University Press, 1926.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Reino longobardo | ||
---|---|---|
Segue a: Cuniperto |
Alahis | Precede a: Cuniperto |