Aitxuri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°57′36″N 2°19′43″O / 42.96000, -2.32861

O Aitxuri, xunto cos cumios veciños no macizo de Aitzkorri.

O Aitxuri é unha montaña de 1.551 metros de altitude pertencente aos Montes Vascos. Está situado en Guipúscoa, no País Vasco.

Situado na serra de Aizkorri é o pico máis alto da mesma. A mediados dos anos 1980 estaba considerado como o teito deste macizo o veciño Aketegi pero as medicións realizadas nesa época deron como resultado que o Aitxuri gañáballe por uns escasos 3 metros.

A cota de 1.551 m é a máis alta de todo Euskadi, desde as estribacións da cordilleira Cantábrica ata os Pireneos. A importancia deste pico vén dada pola súa prominencia que é de 943 m e cualifícano como o número 36 dos montes peninsulares.