Agustina Álvarez de Rovina
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1881 Ávila, España |
Morte | 13 de xaneiro de 1971 (89/90 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Agustina Álvarez de Rovina, nada en Ávila en 1881 e finada en Vigo o 13 de xaneiro de 1971, foi unha xornalista e política galega, a primeira xornalista profesional de Vigo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Residiu en Vigo dende 1918. Dedicouse a tarefas docentes. Comezou a formar parte da redacción de Faro de Vigo en 1923 e ocupouse durante moitos anos da sección relixiosa do periódio. Tamén formou parte da redacción do xornal Galicia. [1] Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeada concelleira de Vigo xunto con Margarita Losada Pardo, tomando posesión o 18 de xaneiro de 1927. Foi directiva da Asociación da Prensa de Vigo.[2] Xubilouse en xullo de 1959. Finou en Vigo o 12 de xaneiro de 1971.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Paz-Andrade, Valentín (1982). Castelao na luz e na sombra. Sada: Ediciós do Castro.
- ↑ "Las mujeres entran en la corporación municipal" (18/1/2016) La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Faro de Vigo, 13-1-1971, p. 9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Faro de Vigo. p. 15. VG 955-2010.
- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. p. 46. ISBN 978-84-8457-448-4.